DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 6 de setembro de 2024 Páx. 49699

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Vimianzo (expediente IN407A 2023/222-1).

Expediente: IN407A 2023/222-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: CT e RBT Aldea Campo, 7.

Concello: Vimianzo.

Feitos:

1. O día 27 de abril do 2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica.

Co fin de atender unha solicitude de ampliación de potencia de 1,65 a 17,3 kW no lugar de Campo, no concello de Vimianzo, proxéctase a repotenciación do centro de transformación de intemperie CT Campo (15×548, expediente 51.077), de 50 kVA de potencia, alimentado pola liña de distribución de media tensión LMT VIM803, procedente da subestación Vimianzo, instalando unha nova máquina de 100 kVA e unha nova liña de baixa tensión para a nova subministración solicitada.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña, ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, e que abrangue os seguintes documentos:

• Proxecto de execución denominado CT, RBT, Aldea Campo, 7, asinado o 21 de marzo do 2023 por Abel Fernández Bermúdez, enxeñeiro técnico industrial graduado en Enxeñaría Eléctrica, con número colexial 4.793 de Vigo (Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Vigo) e con número de visado 22300683, do 21 de marzo de 2023.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG número 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación poida prexudicar a bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselles o preceptivo informe ao Servizo do Patrimonio Cultural-Dirección Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Coruña; ao Servizo de Montes-Dirección Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña; a Augas de Galicia (Zona Hidrográfica Galicia Norte)–Dirección Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Coruña e ao Concello de Vimianzo. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos polos organismos afectados, isto é, o Servizo de Montes e o Concello de Vimianzo.

4. O 9 de agosto de 2024 emitiuse un informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para resolver os procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG número 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG número 98, do 25 de maio), e consonte a disposición adicional décimo segunda e a disposición transitoria primeira do Decreto 49/2024, do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG número 81, do 24 de abril).

Segunda. Lexislación de aplicación.

– A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG número 39, do 26 de febreiro.

Terceira. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están no lugar de Campo, no concello de Vimianzo.

– Repotenciación do CT Campo (15X548, expediente 51.077) de intemperie de 50 kVA con relación de transformación de 20.000/400-230 V, instalado no apoio número 9IVS5ST9//48-4 CT existente tipo HV-1000-R11 da LMT VIM803, procedente da subestación Vimianzo, instalando novo trafo de 100 kVA e retirada do existente.

Cuarto. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude e con ela xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 14 de agosto do 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña