DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 6 de setembro de 2024 Páx. 49693

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Carballo (expediente IN407A 2023/335-1).

Expediente: IN407A 2023/335-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: instalación de reconectador TC no apoio núm. A3ARAX82//C13-36-2 da LAMT CBL701B Bértoa-A Laracha 1.

Concello: Carballo.

Feitos:

1. O día 17 de xullo de 2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica.

Co fin de mellorar a calidade de subministración da rede de distribución de enerxía eléctrica no lugar de Paradela, na parroquia de Sofán (San Salvador), concello de Carballo, proxéctase a instalación dun elemento de seccionamento con reconexión automática nun apoio existente de formigón que se substituirá por un de tipo metálico da liña de distribución LMT CBL701B Bértoa-A Laracha 1-Carballo (expediente IN407A 2016/2310-1), procedente da subestación Carballo.

Achegan o proxecto que inclúe memoria, planos e orzamento xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña, ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, e que abrangue os seguintes documentos:

• Proxecto de execución nomeado: instalación de reconectador TC no apoio núm. A3ARAX82//C13-36-2 da LAMT CBL701B Bertoa-A Laracha 1-Carballo, asinado con data do 8 de maio de 2023 por Tito Arias Santos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, con número colexial LE-1010.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo do 27 de setembro de 2023, publicado nos seguintes medios:

• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

• DOG: 9 de novembro de 2023, co número 213.

• BOP: 23 de outubro de 2023, co número 2023.

• Xornal La Voz de Galicia: 30 de outubro de 2023.

• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal da secretaria accidental do Concello de Carballo do 26 de xaneiro de 2024.

3. Durante o período no que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte na que a instalación puidese prexudicar a bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica corrrespondente. Solicitóuselles o preceptivo informe ao Servizo de Infraestruturas Agrarias-Dirección Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña; a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)-Dirección Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas da Coruña e o Concello de Carballo. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos polos organismos afectados, é dicir, Infraestruturas, AXI e o concello.

5. O día 2.8.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio) consonte coa disposición adicional décimo segunda e a disposición transitoria primeira do Decreto 49/2024, do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 81, do 24 de abril).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente atópanse no lugar de Paradela, na parroquia de Sofán (San Salvador), concello de Carballo.

• Substitución de condutor en tramo LMTA a 15 kV de 69 metros, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio núm. A3AD3J7B//C13-36-1 existente da LMT CBL701B Bértoa-A Laracha 1-Carballo (expediente IN407A 2016/2310-1), procedente da subestación Carballo e remate no apoio núm. A3ARAX82//C13-36-2 existente de formigón para substituír. Retensado do van comprendido entre os apoios existentes núm. A3ARAX82//C13-36-2 e A3BT87QJ//C13-36-3.

• Instalación de reconectador automático en apoio núm. A3ARAX82//C13-36-2 de formigón para substituír por tipo C-1000/14 (frecuentado). Desmantelamento do curtacircuítos-fusibles XS (15HBQ7) existente no apoio núm. A3AD3J7B//C13-36-1 tipo HV-630/13.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 14 de agosto de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Instalación de reconectador TC no apoio núm. A3ARAX82//C13-36-2 da LAMT CBL-701B Bértoa-A Laracha 1

Relación de bens e dereitos afectados-concello de Carballo

Expediente: IN407A 2023/335-1.

Parcela proxecto

Persoa propietaria/titular

Referencia

catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo (servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/núm. do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Descoñecido

15019A13500027

Cadabuxo

Novo apoio

núm. C13-36-2 (ITC)

2

Labor ou labradío de secaño

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.