DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 6 de setembro de 2024 Páx. 49712

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 26 de agosto de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Val do Dubra (expediente IN407A 2023/322-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio notifícaselle á persoa sinalada no cadro anexo a resolución deste departamento territorial, do 1 de agosto de 2024, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A., e que corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominado instalación de telecontrol en LMT NEG803 en A20UEGBF//161-37-A1, no concello de Val do Dubra (expediente IN407A 2023/322-1).

O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está á disposición das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.

Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir da notificación da resolución, ou interpor calquera outro recurso que proceda.

A Coruña, 26 de agosto de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Instalación de telecontrol en LMT NEG803 en A20UEGBF//161-37-A1

Relación de bens e dereitos afectados, concello de Val do Dubra, A Coruña

Expediente: IN407A 2023/322-1.

Parcela proxecto

Persoa propietaria/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Natureza do terreo

Nº do apoio

Superficie (m2)

ml. aér.

ml. sot.

m2 aér.

m2 sot.

2

Consuelo Pereiro Pumar

15089B514010010000DK

Pedras do Muíño

Novo apoio nº 161-37-A1

2.0

Rústico. Agrario.

Prados ou pradarías.

Abreviacións:

ml. aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml. sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.