Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio notifícase que a empresa beneficiaria da expropiación trasladou as follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Reforma LMTA TUI803 Hospital, que figuran no cadro anexo.
As persoas interesadas poderán presentar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, escrito en que acepten ou rexeiten a folla de valoración da empresa beneficiaria; no segundo caso, terán dereito a facer as alegacións que consideren oportunas, para o que empregarán os métodos de valoración que xulguen máis convenientes para xustificar a súa valoración, e así mesmo achegar as probas que consideren oportunas na xustificación das ditas alegacións.
Vigo, 26 de agosto de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/379-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Reforma da LMTA TUI803 Hospital.
Concello: Tomiño.
|
Finca |
Referencia catastral |
Lugar |
Persoa titular |
|
1 |
36054A052003870000EU |
Maceiras |
Descoñecida |
|
2 |
36054A052003560000EH |
Maceiras |
Descoñecida |
