DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 6 de setembro de 2024 Páx. 49642

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 3 de setembro de 2024 pola que se publican os premios á excelencia académica para estudantes que inician estudos de grao no curso 2024/25.

BDNS (Identif.): 783504.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/783504).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Estudantes que inician estudos de grao na Universidade de Vigo no curso 2024/25.

Segundo. Obxecto

O obxecto destas axudas é incentivar a cultura do mérito e a excelencia, a través do recoñecemento do estudantado cos mellores resultados académicos nos estudos previos ao seu ingreso na universidade, ou que acadasen un relevante éxito nas distintas fases das olimpíadas científicas.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución reitoral pola que se convocan os premios á excelencia académica para estudantes que inician estudos de grao no curso 2024/25.

Cuarto. Contía

A contía total do crédito destinado a estas axudas será de trinta e seis mil euros (36.000 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 4 ao 23 de setembro de 2024.

Vigo, 3 de setembro de 2024

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 30.5.2024; DOG do 10 de xuño)
Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade