O 31 de xullo de 2024, a directora territorial de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador 20240210TA-PO contra a persoa titular do DNI 44093143G.
Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que mediante este anuncio se lle notifica á persoa titular do DNI 44093143G o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a presentar alegacións ante esta dirección territorial, no prazo de 15 días hábiles contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio. Lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta dirección, sita en Pontevedra, no edificio administrativo da Xunta de Galicia, avenida María Victoria Moreno, núm. 43-1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.
Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.
Advírtese de que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.
Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Pontevedra, 27 de agosto de 2024
Natalia Botana Rey
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Número de expediente: 20240210TA-PO.
DNI da persoa denunciada: 44093143G.
Último enderezo coñecido: avenida de Santiago, 80, 2D, 36680 A Estrada (Pontevedra).
Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro. Artigo 7, letra k), «Prohíbese fumar, k) Salas de festa, establecementos de xogo ou de uso público en xeral, salvo nos espazos ao aire libre».
Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro: «Consideraranse infraccións leves: a) Fumar nos lugares en que existe prohibición ou fóra das zonas habilitadas para o efecto».
Sanción proposta: trinta euros (30,00 €).
