DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 9 de setembro de 2024 Páx. 49915

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 16 de agosto de 2024, da Área Provincial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente VI482F3200196 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse ás persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director xeral e a xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Ourense.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, na rúa Sáenz Díez, nº 1, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 16 de agosto de 2024

A xefa da Área Provincial de Ourense
P.S. (Resolución do 11.7.2024)
Mónica López Álvarez
Arquitecta do Servizo Técnico

ANEXO

Expediente

DNI/NIE

Acto obxecto de notificación

VI582F3200196

Y8487720K

Requirimento de emenda da solicitude da primeira prórroga da axuda do bono de alugueiro social

VI582F3200273

X9114711H

Resolución de declaración de perda do dereito á axuda do Programa do bono de alugueiro social