DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 9 de setembro de 2024 Páx. 49913

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 29 de agosto de 2024, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se notifica o levantamento de actas previas á ocupación ao non poder efectuarse as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a obra de clave PO/22/063.06.

Para os efectos de coñecemento dos interesados, resultando infrutuosos os intentos de notificación e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no anexo o levantamento de actas previas á ocupación do expediente expropiatorio polas obras do proxecto de trazado de mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na Rede autonómica de estradas de Galicia (RAEG), na zona oeste da área de transporte metropolitano (ATM) de Vigo, que terán lugar no Concello de Nigrán os días 10 e 11 de setembro de 2024.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre bens afectados, por si mesmas ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

As persoas poden tomar vista do expediente no Servizo Provincial de Pontevedra sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 29 de agosto de 2024

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Predio

Referencia catastral

Persoa interesada

Día

Hora

4-P

4771022NG1647S

Rodríguez García, Beatriz

10.9.2024

9.45

12-P

5477404NG1657S

Veiga Martínez, Dolores

10.9.2024

11.45

22-P

54035A07700144

En investigación

11.9.2024

9.30

8-P

54035A01800287

Rodríguez Soto, Antonio

10.9.2024

10.45

16-P

54035A07600176

Figueroa Veiro, Paulino

10.9.2024

12.45

20-P

54035A07500151

Vidal Rouco, Casimiro

11.9.2024

9.00

33-P

6579601NG1667N

Gónzalez Gónzalez, Marina

11.9.2024

12.15