De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE número 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 26 de agosto de 2024 do proxecto corta de masa forestal para cambio de funcionalidade no uso do solo en varias parcelas na parroquia da Bastida, no concello da Fonsagrada (Lugo), promovido por Saúl López Lombardero.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2024
Ramón Martínez Boga
Director xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
