DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 9 de setembro de 2024 Páx. 49857

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 27 de agosto de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se somete a información pública a solicitude de inclusión dunha árbore no Catálogo galego de árbores senlleiras.

O artigo 4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, establece o procedemento de catalogación e descatalogación de exemplares e formacións.

A seguinte solicitude de inclusión dunha árbore no Catálogo galego de árbores senlleiras foi realizada pola persoa interesada de acordo a ese procedemento:

Rexistro de entrada: 2024/2288134.

Data: 23.7.2024.

Solicitante: Concello de Ponteareas.

Especie: Cinnamomun camphora, (L.) J.Presl, 1825.

Localidade: Vilasobroso.

Concello: Mondariz.

Provincia: Pontevedra.

O artigo 4.4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, establece que as solicitudes de catalogación ou descatalogación de exemplares e formacións, e a documentación presentada xunto a elas, se someterán ao trámite de información pública por un prazo de vinte días, para os efectos de que os interesados poidan presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

En consecuencia, ábrese un período de información pública da solicitude de catalogación mencionada neste anuncio, e a documentación presentada xunto a ela, durante un prazo de 20 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, coa finalidade de que aquelas persoas interesadas que se consideren directamente afectadas poidan remitir observacións e opinións por escrito, ou ben a través do enderezo de correo electrónico: dxpn.medioambiente@xunta.gal, poñendo no asunto Información pública árbores senlleiras.

Durante o citado prazo, a documentación correspondente poderá ser examinada nos seguintes lugares:

– Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

– Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra, avenida Victoria Moreno, nº 43, 4º, 36071 Pontevedra.

Durante ese mesmo período poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (https://cmatv.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=expedientes_senlleiras.html&sub=Arbores_senlleiras/) a información dos expedientes que non se corresponda con datos de carácter persoal (Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais).

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2024

María Sol Díaz Mouteira
Directora xeral de Patrimonio Natural