DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 9 de setembro de 2024 Páx. 49855

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2024 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico especialista de medios audiovisuais, en virtude das probas selectivas convocadas mediante a Resolución do 7 de decembro de 2022.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas mediante a Resolución do 7 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia do 20 de decembro) para cubrir con persoal laboral fixo dúas prazas da categoría profesional de técnico especialista de medios audiovisuais, grupo III, pola quenda de acceso libre, unha vez comprobado que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,

resolvo:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico especialista de medios audiovisuais as persoas que superaron o proceso selectivo e que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo. As persoas seleccionadas formalizarán o seu contrato, ante o Servizo de Xestión de Persoal, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que a persoa aspirante se encontre en situación de incapacidade temporal, o prazo para a sinatura do contrato comezará a partir do día hábil seguinte ao da data da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, nas cales se poderá asinar o contrato durante esta situación.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Número de orde

DNI

Apelidos e nome

1

***2769**

Flores Seijas, Natalia Elena

2

***9772**

Boullosa Pintos, María Manuela