Expediente: IN407A 2024/012-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Proxecto: instalación de telecontrol en LMT POT803 en 9KOH8Q48//108-2.
Concello: Mazaricos.
Feitos.
1. O día 12.1.2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada.
Coa fin de mellorar a calidade e seguridade da subministración eléctrica no lugar de Vioxo, parroquia de Chacín, concello de Mazaricos, proxéctase a instalación dun elemento de seccionamento telecontrolado nun apoio existente de formigón que se substituirá por un de tipo metálico na liña de distribución de media tensión LMT POT803 Mazaricos-Pino do Val 3 (IN407A 2016/2132-1), procedente da subestación Pontella.
Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado instalación de telecontrol en LMT POT803 en 9KOH8Q48//108-2, asinado o día 11.8.2023 por Ángel Pérez Vidal, enxeñeiro técnico industrial graduado en enxeñería eléctrica, núm. colexiado 4.781 de Vigo; e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:
• Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
• DOG: 6.6.2024
• BOP: 21.5.2024
• Xornal La Voz de Galicia: 29.5.2024
• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 30.7.2024.
3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.
4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Mazaricos e Servizo de Infraestruturas Agrarias. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.
5. O día 8.8.2024 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas.
1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
2. Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).
– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
3. Características técnicas:
As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas no lugar de Vioxo, parroquia de Chacín, concello de Mazaricos, e as súas características técnicas son as seguintes:
– Instalación de interruptor telecontrolado (ITC) en apoio nº 9KOH8Q48//108-2 existente para substituír por tipo C-1000/12 na LMT POT803 Mazaricos-Pino do Val 3 (IN407A 2016/2132-1), procedente da Subestación Pontella. Retensado dos vans adxacentes (entre AP 9KNQJ5GP//108-1 e AP 9KP76VO0//108-3). Desmontaxe de curtocircuítos XS (15HV50) do apoio existente nº 9KNQJ5GP//108-1.
4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
Consonte con todo o sinalado,
RESOLVO:
A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.
B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado do/a director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 14 de agosto de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Concello de Mazaricos.
Instalación de telecontrol en LMT POT803 en 9KOH8Q48//108-2.
|
Nº de parcela |
Lugar Ref. catastral |
Cultivo |
Propietaria |
Afección de solo en pleno dominio |
|
|
Apoio nº |
m2 |
||||
|
1 |
Riba dos Cacheiros 15046A086001120000AE |
Rústico. Agrario. Eucaliptus |
María Estrella Rodríguez Tomé |
Apoio 9KOH8Q48//108-2 |
2.0 |
