Expediente: IN407A 2024/071-1.
Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LMTS, CTC e RBT lugar A Ponte Rosende.
Concello: Carballo.
1. Características técnicas:
– LMTS a 15 kV, de 175 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×150) mm2 Al, con orixe no PA/S proxectado no apoio número A09QFOL1//6 existente da LMT CBL707B Midusa-Anxeriz 7 (expediente 11.071), procedente da subestación Carballo, e remate no CTC proxectado. Condutores canalizados en tubos aloxados en gabia de dimensións 0,40 m de ancho e de entre 1,00/1,20 metros de profundidade.
– LMTA: instalación de seccionador XS e un pararraios-autoválvulas no apoio número A09QFOL1//6 existente tipo 2-HP-2A/12.
– CT no lugar da Ponte Rosende compacto prefabricado tipo rural de manobra exterior, cunha potencia de 160 kVA, unha relación de transformación de 15.000/400-230 V e configuración 1L+1P.
2. Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.
A Coruña, 14 de agosto de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Concello de Carballo
Expediente IN407A 2024/071-1
|
Nº parcela |
Lugar e referencia catastral |
Cultivo |
Propietario/a |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume |
||||
|
Apoio nº |
m2 |
ml aér. |
ml sot. |
m2 aér. |
m2 sot. |
||||
|
1 |
A Ponte Rosende, 73 5831713NH2853S0000XL |
Rústico agrario |
Carmen Pombo Lago |
CT e acceso |
25,67 |
||||
Abreviacións:
|
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais |
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais |
|
m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2 |
m2 so.t: superficie de servidume soterrada |
