DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 9 de setembro de 2024 Páx. 49874

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 19 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Sober (expediente IN407A 2023/99-2).

Con data do 3 de xuño de 2024, a Dirección Territorial de Lugo ditou resolución pola que se outorgan á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. a autorización administrativa previa e de construción e se declara a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica denominada LMTA REG802 en tramo entre os apoios nº 35-A29 e nº 35-A36-CT (Sober), no concello de Sober (Lugo).

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, esta dirección territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar todas as persoas afectadas coas cales non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo a este acordo e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do Concello de Sober, deducida da que se someteu a información pública no diario La Voz de Galicia do 27 de xuño de 2024 e no Diario Oficial de Galicia do 24 de xuño de 2024, para que comparezan o día 30 de outubro de 2024 no Concello de Sober sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalarán o día e a hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello de Sober estará exposta a data do levantamento das actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada, e achegar os documentos acreditativos da súa titularidade, e podrán ir acompañados dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírteselles a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta dirección territorial (rolda da Muralla, 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE), e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 19 de agosto de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de regulamentación

LMTA REG802 en tramo entre os apoios nº 35-A29 e nº 35-A36-CT (Sober)

Concello: Sober (Lugo).

Expediente: IN407A 2023/99-2.

Nº predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Propietarios

Apoio (nº)

Apoio (m2)

Afeccións
(ml. acceso)

Afeccións
(m2 acceso)

6

42

347

Campo

Pradeira

Hros. de Carmen Álvarez Guitián

35-A35CT

10.0

2.0

6.0