DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 9 de setembro de 2024 Páx. 49908

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 26 de agosto de 2024 polo que se notifica o requirimento do expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/106/2011.

A xefa do Servizo de Inspección Urbanística III requiriu, o 6 de maio de 2024, a persoa interesada con documento nacional de identidade número 33535305V para que cumprimentase o ordenado na Resolución do 6 de xuño de 2012, no expediente de reposición de la legalidade urbanística IU3/106/2011.

Ao non se poder realizar a notificación persoal daquel requirimento á persoa interesada, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada o dito requirimento por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2024

Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección
da Legalidade Urbanística