De conformidade co disposto no artigo 24 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), faise pública a seguinte resolución.
|
Instalación: planta de tratamento e envasado de leite e produtos derivados |
Procedemento: revisión e modificación da autorización ambiental integrada |
|
Titular: Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A. |
Expediente: 2020-IPPC-M-37, 2023-IPPC-M-85 e 2024-IPPC-M-42 |
|
Localización: concello de Outeiro de Rei (Lugo) |
Número rexistro: 2006/0209_NAA/IPPC_128 |
Esta resolución poderá consultarse na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, https://cmatv.xunta.gal/busca-deexpedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada, ou de forma presencial na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2024
Ramón Martínez Boga
Director xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
