DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 10 de setembro de 2024 Páx. 50132

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Porriño (expediente IN407A 2023/418-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

– Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

– Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

– Denominación: soterramento LMT ATI733 entre os apoios A3PW2M4C//A3Q1RTD3 e A3OGNF1U//A3ONEEHM.

– Situación: O Porriño.

– Descricións técnicas:

Substitución dos apoios A3PW2M4C//A3Q1RTD3 e A3OGNF1U//A3ONEEHM da LMT ATI733 por dous apoios de celosía finais de liña.

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, dobre circuíto, de 446 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado 1 (C-7000/18), situado na parcela con referencia catastral 36039A009005050000DH, e final no apoio proxectado 2 (C-7000/28), situado na parcela con referencia catastral 36039A009008100000DM.

Retensado dos vans aéreos contiguos aos apoios proxectados 1 e 2 (105 e 156 metros de condutor LA-110).

A instalación está situada na travesía do Matadoiro, paseo ao longo do río Louro, no concello do Porriño (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta (30) días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto está á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta, no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 19 de agosto de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Núm. de expediente: IN407A 2023/418-4.

Denominación: soterramento LMT ATI733 entre os apoios A3PW2M4C//A3Q1RTD3 e A3OGNF1U//A3ONEEHM.

Concello: O Porriño.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

Afeccións

m2

ml sub.

m2 sub.

1

A Relva-

Torneiros

Urbana

36039A009008100000DM

Descoñecido/a

1

6,00

3,00

8,00