Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
– Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
– Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
– Denominación: Instalación de apoios e RC na LMTA TIB806.
– Situación: Caldas de Reis.
– Descricións técnicas:
Instalación de tres apoios, dous C-7000/16 e un C-1000/14, e dun reconectador neste último, na liña de media tensión aérea (LMTA) dobre circuíto TIB806.
LMTA a 20 kV, con condutor LA-110, en tres actuacións. A primeira é de 42 metros, con orixe no apoio proxectado C-7000/16 (1) e final no apoio proxectado C-7000/16 (2). A segunda é de 41 metros, con orixe no apoio proxectado C-7000/16 (1) e final no apoio proxectado C-7000/16 (2). A última é de 13 metros, con orixe no apoio proxectado C-7000/16 (1) e final no apoio existente A0J26RTF//D22-1.
A instalación está situada na parcela 2152 do polígono 519, no lugar de Saiar, no concello de Caldas de Reis (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta (30) días, a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 19 de agosto de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº expediente: IN407A 2023/364-4.
Denominación: instalación de apoios e RC na LMTA TIB806.
Concello: Caldas de Reis.
|
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Referencia catastral |
Titular |
Apoio |
Afeccións |
||
|
Nº |
m2 |
ml aér. |
m2 aér. |
|||||
|
1 |
Saiar |
Rústico |
36005B519021520000ZS |
CMVMC de Saiar |
1,2 e 3 |
7,92 |
33,49 |
76,47 |
