Expediente: IN407A 2022/275-4.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: substitución dos apoios 9VK25DDJ//D55 e 9VL42LVI//D56 na LMT CII808-CII809.
Concello: Moaña.
Feitos:
1. O 17.7.2022, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica denominada Substitución dos apoios 9VK25DDJ//D55 e 9VL42LVI//D56 na LMT CII808-CII809.
A solicitude inclúe o proxecto de execución, asinado pola enxeñeira técnica industrial Herminia López Caamaño, colexiada 4.598 do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, e no que figura un orzamento total de 10.586,30 euros.
Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade as seguintes actuacións nas liñas de media tensión CII808-CII809 de dobre circuíto aéreo, no lugar da Seara, no concello de Moaña (Pontevedra):
Nos tramos CII8081798 e CII8093145 substitúense os apoios 9VK25DDJ//D55 e 9VL42LVI//D56 por dous apoios C-2000/16.
Retensado do van augas abaixo do apoio proxectado en substitución do 9VL42LVI//D56.
Desmontaxe de 131 metros de condutor LC-80 e instalación de 131 metros de condutor LA-110 na liña de media tensión aérea (LMTA) dobre circuíto, desde o apoio 9VJ4OR5W//D54 ata o apoio proxectado C-2000/16 (substituto do 9VL42LVI//D56).
2. Este departamento territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Moaña, a Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA), o Instituto de Estudos do Territorio e Telefónica España, S.A.U. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos por Telefónica España, S.A.U. e a AESA.
Os demais organismos non emitiron os condicionados técnicos, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar.
3. Mediante escritos do 2.8.2022 este departamento territorial notificou a solicitude da autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da referida instalación eléctrica ás persoas que figuran afectadas pola declaración de utilidade pública na relación de bens e dereitos achegada pola empresa promotora.
Naqueles casos en que non foi posible efectuar a notificación ás persoas titulares das parcelas afectadas, publicáronse os correspondentes anuncios no Diario Oficial de Galicia do 19.8.2022 e no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado do 1.9.2022, co fin de realizar a notificación por comparecencia.
4. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante Resolución do 2.8.2022 publicada nos seguintes medios:
DOG (Diario Oficial de Galicia): 25.8.2022.
Xornal Faro de Vigo: 22.8.2022.
Taboleiro de anuncios do Concello de Moaña, desde o 4.8.2022 ata o 16.9.022, segundo o certificado emitido polo propio Concello.
Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
5. O 11.8.2022, UFD Distribución Electricidad, S.A. achegou unha relación de bens e dereitos actualizada en que se identifican os titulares da parcela con referencia catastral 36029A064001900000IL.
6. Mediante escrito do 22.8.2022, este departamento territorial notificou a solicitude da autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da referida instalación eléctrica aos titulares da parcela con referencia catastral 36029A064001900000IL.
7. O 16.9.2022, María José Rodas Villaverde remitiu aos servizos centrais de Santiago de Compostela un escrito, que cualificou como recurso de alzada, contra a Resolución do 2.8.2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Moaña (expediente IN407A 2022/275-4).
No escrito, María José Rodas Villaverde alegou que a colocación do apoio na súa parcela representaría un prexuízo á súa funcionalidade e utilidade. Tamén destacou que o apoio proxectado debería ser instalado no predio estremeiro, no mesmo lugar do antigo apoio.
Examinado o escrito, este departamento territorial deduce que debe ser tratado como unha alegación, pois a Resolución do 2.8.2022 é un acordo para someter a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica Substitución dos apoios 9VK25DDJ//D55 e 9VL42LVI//D56 na LMT CII808-CII809 e non unha resolución finalizadora do expediente susceptible de interposición de recurso, conforme os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
O 16.5.2023, este departamento territorial trasladou todo o expediente e o seu informe á Secretaría Xeral Técnica, segundo dispón o artigo 121.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
8. O escrito presentado por María José Rodas Villaverde foi trasladado á empresa promotora. Na súa resposta UFD destaca que:
Para mellorar a subministración eléctrica na zona será necesaria a reforma da liña e colocar un apoio C-2000/16 na parcela da alegante.
A parcela da afectada xa está sometida a unha servidume de voo e, visto que o apoio proxectado debe estar localizado baixo o trazado existente, a empresa promotora valora que instalalo nesa parcela é a mellor solución para non afectar novos propietarios.
9. Os servizos técnicos deste departamento territorial, á vista da documentación contida no expediente, analizaron todas as alegacións presentadas, e emitiron o correspondente informe, concluíndo que non se presentan obxeccións para que se poida continuar co trámite da declaración de utilidade pública da instalación eléctrica proxectada, para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para o seu establecemento, de acordo co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.
Con relación aos prexuízos ocasionados, informan que se poderán poñer de manifesto na presentación da folla de valoración que requirirá este departamento territorial. Ademais, nese momento, o titular concretará o valor en que estime o obxecto que se expropia, tal como se indica no artigo 30 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre a expropiación forzosa.
Con relación ao recoñecemento en concreto de utilidade pública destas instalacións e de acordo coa normativa, será necesario que a empresa interesada o solicite, incluíndo unha relación concreta e individualizada dos bens e dereitos que o solicitante considere de necesaria expropiación. No caso que nos ocupa, a empresa distribuidora solicita a declaración de utilidade pública e entrega a relación de bens e dereitos afectados (RBDA).
Respecto á localización do apoio, tense en conta o contestado pola empresa distribuidora no referente a que a liña CII808-CII809 é unha liña xa existente sobre a parcela da afectada que xa se encontra sometida a unha servidume de voo, polo que é necesaria a instalación do apoio proxectado baixo o trazado existente para non afectar novos propietarios.
Consideracións legais e técnicas:
1. A Dirección Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).
2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.
– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.
3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:
• Substitución dos apoios 9VK25DDJ//D55 e 9VL42LVI//D56 por dous apoios de tipo C-2000/16 no tramo CII8081798 do circuíto aéreo da liña de media tensión CII808-CII809.
• LMTA a 20 kV con condutor tipo LA-110, de 131 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 9VJ40R5W//D54 da LMTA CII808 e final no apoio proxectado C-2000/16 na LMTA CII808.
• LMTA a 20 kV con condutor tipo LA-110, de 131 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 9VJ40R5W//D54 da LMTA CII809 e final no apoio proxectado C-2000/16 na LMTA CII809.
As instalacións están situadas na Seara, no concello de Moaña (Pontevedra).
4. Con respecto ás alegacións presentadas, visto o contido destas, as respostas do promotor e o informe dos servizos técnicos deste departamento territorial, exponse:
Respecto á declaración de utilidade pública, no sistema regulador do sector eléctrico a declaración de utilidade pública require basicamente dous requisitos: a xustificación da necesidade da instalación de que se trate, o que leva implícita a súa utilidade pública, e a determinación dos bens e dereitos cuxa expropiación afecta. A propia distribuidora achega unha relación de bens e dereitos afectados e pon de manifesto que na zona hai que mellorar a calidade da subministración. A calidade do servizo é unha obrigación das empresas distribuidoras.
Con relación ao prexuízo que causa a instalación do apoio na parcela, cabe sinalar que, unha vez iniciado o procedemento expropiatorio, as persoas interesadas serán informadas do trámite de levantamento de actas previas á ocupación. Nese momento, de forma concreta, por unha parte débese describir e delimitar o obxecto de expropiación e, por outro lado, débense describir as afeccións concretas que comporta a expropiación.
De todas as maneiras, poderase poñer de manifesto a perda de valor da parcela na presentación da folla de valoración, momento no cal o titular concretará o valor que estime, como se indica no artigo 29 e seguintes da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre a expropiación forzosa.
Ademais, o artigo 23 da Lei de expropiación forzosa permite ao propietario solicitar da Administración, nos casos de expropiación parcial dunha parcela e cando, como consecuencia diso, resulte antieconómica a conservación do resto da parcela non expropiada, que a expropiación comprenda a súa totalidade.
Respecto ao trazado proposto pola alegante, colocación do apoio na parcela estremeira, este carece da necesaria concreción, pois non permite calibrar cal é o orzamento das actuacións, as súas medidas reais, a porcentaxe da modificación ou se existen outros predios afectados non previstos inicialmente. En definitiva, a proposta non queda debidamente concretada desde un punto de vista económico e técnico, nin se acredita nela que cumpre os tres condicionantes exixidos polo citado artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.
Conforme o indicado,
Resolvo:
1. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada Substitución dos apoios 9VK25DDJ//D55 e 9VL42LVI//D56 na LMT CII808-CII809 (expediente IN407A 2022/275-4), cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.
2. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
3. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e logo da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberán cumprirse as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular canto establecen o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial acompañada da seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado dirección final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
5. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.
6. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.
Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Pontevedra, 19 de agosto de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
Anexo
Relación de bens e dereitos afectados-Concello de Moaña
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Apoio |
|
|
nº |
m2 |
|||||
|
1 |
Veiga Darca |
Rústico |
36029A064001900000IL |
José Rodas Moldes e María José Rodas Villaverde |
1 |
1,69 |
|
2 |
Seara |
Urbano |
36029A064001890001OG |
Begoña Trigo Maldivo e Rodrigo Oya Martínez |
2 |
1,69 |
