Expediente: IN407A 2023/519-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: cambio de sección LMT CBL702 entre CT 15SZX3-CT 15CFN7-CT 15CCC0.
Concello: Carballo.
Feitos:
1. O día 24 de novembro de 2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica.
Co fin de incrementar a capacidade de transporte de enerxía eléctrica por mor dos aumentos de demanda no contorno da rúa Tarragona, concello de Carballo, proxéctase a substitución do condutor dun tramo soterrado da liña de distribución de media tensión LMT CBL702 (expediente IN407A 2016/2140-1), procedente da subestación Carballo, por outro de maior sección.
Achegaron o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña, ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000 e que abrangue os seguintes documentos:
Proxecto de execución denominado: cambio de sección LMT CBL702 entre CT15SZX3-CT 15CFN7-CT 15CCC0, asinado o 20 de novembro de 2023 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico e número colexial 2.980 de Vigo.
2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación puidese prexudicar a bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselles o preceptivo informe a Augas de Galicia (Zona Hidrográfica Galicia Norte)-Dirección Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Coruña e ao Concello de Carballo. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado establecido polo organismo afectado, a saber, o Concello.
4. O 13.8.2024 emitiuse un informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio), consonte a disposición adicional décimo segunda e a disposición transitoria primeira do Decreto 49/2024, do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 81, do 24 de abril).
Segunda. Lexislación de aplicación:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
Terceira. Características técnicas:
As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están na rúa Tarragona, concello de Carballo.
Substitución tramo LMTS (actuación 1) a 15 kV de 50 metros, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al (existente tipo RHV-12/20 Al 1×95), con orixe no empalme proxectado na arqueta existente situada na encrucillada da rúa Tarragona coa rúa Barcelona, no tramo proveniente do CT Luís Calvo Sanz (15SZX3, expediente IN407A 2016/514-1) de 630 kVA, da LMT CBL702 (expediente IN407A 2016/2140-1), procedente da subestación Carballo e remate na cela de liña nº 1 do CT Tarragona Mexillón (15CFN7, expediente IN407A 2015/310-1) de 1.000 kVA.
Substitución tramo LMTS (actuación 2) a 15 kV de 50 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al (existente tipo RHV-12/20 Al 1×95), con orixe no empalme proxectado na arqueta existente situada na encrucillada da rúa Tarragona coa rúa Barcelona, no tramo proveniente do CT Salud (15CCC0, expediente IN407A 2016/182-1) de 400 kVA da LMT CBL702 e remate na cela de liña nº 2 do CT Tarragona Mexillón.
Nova canalización ata a arqueta existente á entrada do CT 15CFN7. Desde a devandita arqueta utilizarase a canalización existente para acceder ás celas do CT 15CFN7.
Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
De acordo con todo o exposto,
RESOLVO:
1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.
2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do/a director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.
• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.
A Coruña, 19 de agosto de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
