DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 10 de setembro de 2024 Páx. 50116

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 19 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Quiroga (expediente 2023/374-ATE).

Acordo do 19 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Quiroga (expediente 2023/374-ATE).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro), sométense a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: regulamentación LMTA SEQ805 entre os apoios nº 81-40-B-1 e nº 81-40-B-30.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Características técnicas principais:

– Reforma da liña de alta tensión aérea (LMTA) SEQ805 a 20 kV, nos seguintes tramos:

• Tramo comprendido entre o apoio núm. 81-40-B-1 e o apoio núm. 81-40-B-12, coa substitución de sete apoios de madeira e catro de formigón existentes por outros sete de celosía metálica. Cambio do condutor LA-30 actual a LA-56 e renovación do condutor LA-56 existente, cunha lonxitude de 803 m. Substitución do elemento de manobra con matrícula 27HX547 por un seccionador XS que se vai instalar sobre o apoio proxectado núm. 81-40-B-1.

• Tramo comprendido entre o apoio núm. 81-40-B-15 e o apoio núm. 81-40-B-30, coa substitución de trece apoios de madeira, 2 de formigón e un de chapa existentes por outros oito de celosía metálica e cambio do condutor LA-30 actual a LA-56, cunha lonxitude de 757 m.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, de 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figura no anexo que se insire xunto con este acordo.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 144 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas no prazo de trinta días contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Dirección Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria (rolda da Muralla, núm. 70, baixo, 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 76), así como no Concello de Quiroga. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacion-electrica/quiroga-374-ate

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 19 de agosto de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Propietario

Parcela

Afección

Nome e apelidos

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Apoio

Voo

Superf.

(m2)

Lonx. (m)

Superf.

(m2)

Polígono

Parcela

3

Montes de la Herrería de Soldón, C.B.

67

158

Tras da Serra

Monte baixo

81-40-B-3

2 (1 ap.)

142

2.339

3 (1)

Descoñecido

67

19

Cavorcas

Monte alto

61

3 (2)

Descoñecido

67

18

Travesa

Monte alto

7

6

Hdros. de Luis

Rodríguez Soto y hnos.

67

16

Cavorcas

Monte alto

38

577

9

Montes de la Herrería de Soldón, C.B.

67

302

Cambos

Monte alto

23

331

10

Montes de la Herrería de Soldón, C.B,

91

320

Tras da Serra

Monte alto

81-40-B-16, 81-40-B-19, 81-40-B-20

6 (3 ap)

257

4.103

11

Montes de la Herrería de Soldón, C.B.

91

322

Navaínza

Monte alto

81-40-B-22, 81-40-B-24, 81-40-B-25, 81-40-B-27, 81-40-B-29

10 (5 ap)

404

6.480

12

Montes de la Herrrería de Soldón, C.B.

67

301

A Fraga

Monte alto

64

1.083