De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a resolución do procedemento de reintegro do 14.6.2024, logo de resultar infrutuosos os diferentes intentos de notificación realizados por correo postal certificado, ademais da súa posta á disposición na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Para coñecer o contido íntegro da citada resolución, a persoa interesada poderá comparecer nas dependencias do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) situado na rúa Irmandiños, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2024
Juan José Cerviño Varela
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria
ANEXO
|
Expediente |
NIF |
Acto notificado |
|
27/00583/18 |
X2555313J |
Resolución de procedemento de reintegro |
