DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 10 de setembro de 2024 Páx. 50167

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 28 de agosto de 2024 pola que se notifica a resolución do procedemento administrativo sancionador do expediente 13-27-24-130 e seis máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícanselles aos denunciados cuxos datos persoais se mencionan no anexo, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, as resolucións do procedementos administrativos sancionadores por infracción da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O órgano competente para a resolución do expediente é o director do ente público, de acordo coa tipificación e coa contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 144.1.a) da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o presidente do Consello de Administración, segundo o establecido no acordo de delegación de competencias do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, publicado pola Resolución do 29 de agosto de 2018, no DOG núm. 177, do 17 de setembro. O prazo para interpoñer este recurso é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o devandito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e o importe da sanción poderá facerse efectivo en período voluntario, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE núm. 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell, BBVA e Abanca), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2024

Juan Sanmartín Ferreiro
Director xeral de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente.

Matrícula.

Denunciante.

DNI/CIF

Denunciado

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Importe da sanción

Sanc. 13-27-24-130

4163GSN

Pafif

36039488Y

Estacionamento prohibido

12.3.2024; 15.55 horas

Panxón (Pontevedra)

Artigo131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-27-24-143

3639JBS

Pafif

B54568225

Estacionamento prohibido

13.4.2024; 20.00 horas

Panxón (Pontevedra)

Artigo131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-27-24-157

0757BSZ

Pafif

32572771X

Estacionamento prohibido

22.4.2024; 16.00 horas

Panxón (Pontevedra)

Artigo131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-27-24-158

8350FDV

Pafif

36039488Y

Estacionamento prohibido

22.4.2024; 16.00 horas

Panxón (Pontevedra)

Artigo131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-31-24-03

6646JXZ

Gardapeiraos

53351116V

Estacionamento prohibido

12.2.2024; 12.46 horas

A Pasaxe (Pontevedra)

Artigo131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-23-251

0742LCP

Gardapeiraos

54546630Z

Estacionamento prohibido

8.3.2023; 14.17 horas

Ribeira (A Coruña)

Artigo131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-24-386

0915-HRH

Gardapeiraos

76969408T

Estacionamento prohibido

30.4.2024; 11.01 horas

Ribeira (A Coruña)

Artigo131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €