De conformidade co artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e ante a imposibilidade de efectuarlles a notificación aos titulares dos bens que se relacionan a seguir, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas nas parcelas sinaladas seguidamente, imposta polo artigo 22.1 da citada Lei 3/2007, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:
|
Número de expediente |
Referencia catastral |
Parroquia |
Titulares catastrais |
|
2024/V001/000042 |
15005A046002090 |
Larín |
C.M.Z. |
En virtude do anterior, as persoas responsables dispoñen dun prazo máximo de quince días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación no BOE (Boletín Oficial del Estado) para o cumprimento voluntario da obriga de xestión da biomasa nas parcelas citadas.
Unha vez transcorrido o devandito prazo e en caso de persistencia no incumprimento, o Concello procederá á execución subsidiaria con repercusión na propiedade dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, o comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da Lei 3/2007, anteriormente citada, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.
Asi mesmo, comunícaselles ás persoas responsables que o contido íntegro das notificacións, así como a totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición no Departamento de Medio Ambiente do Concello de Arteixo.
Arteixo 26 de xuño de 2024
O alcalde
P.D. (Decreto 2027/2023, do 21 de xuño)
Víctor Merelas García
Concelleiro con delegación especial de Medio Ambiente
