O Concello de Betanzos fai pública unha notificación relativa ao requirimento de limpeza ás persoas titulares das parcelas que se indican a seguir, logo de resultar infrutuosa, por causas non imputables a esta administración, a notificación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, de conformidade co disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
|
Expediente |
Expediente |
Titular |
Acto notificado |
|
2024/V001/000034 |
15009A001002050000EX |
Vidal Pan Luis (herdeiros de) |
Requirimento de limpeza de parcela |
|
2024/V001/000057 |
15009A013004450000EE |
Torres Pena Julio (herdeiros de) |
Requirimento de limpeza de parcela |
|
2024/V001/000043 |
4124913NH6942S0001IY |
Bahamonde Santiso Javier Ángel |
Requirimento de limpeza de parcela |
|
2024/V001/000065 |
15009A007005990000EF |
Presedo Carro María (herdeiros de) |
Requirimento de limpeza de parcela |
|
2024/V001/000064 |
15009A015001230000EG |
Valiño Rodríguez Hipólito (vda. de) |
Requirimento de limpeza de parcela |
|
2024/V001/000065 |
15009A007005890000EB |
Núñez Corral María del Pilar |
Requirimento de limpeza de parcela |
|
2024/V001/000068 |
15009A007005610000EY |
Ponte Liñares Roberto (herdeiros de) |
Requirimento de limpeza de parcela |
|
2024/V001/000068 |
15009A007005840000EZ |
Faraldo Buyo José |
Requirimento de limpeza de parcela |
As persoas interesadas en coñecer o contido íntegro do acto que se notifica poderán acudir ás oficinas municipais do Concello de Betanzos, sitas na praza da Constitución (casa do concello), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de anuncios do BOE. Así mesmo, dispoñen de idéntico prazo para cumprir coa obriga da xestión da biomasa e, de ser o caso, da retirada das especies arbóreas prohibidas.
Unha vez transcorrido este prazo sen que se faga uso do dereito sinalado, o Concello de Betanzos continuará co expediente segundo o disposto no punto 4º do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril.
O Concello de Betanzos notifica este acto para os efectos oportunos e sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan alegar o que consideren oportuno, no prazo de quince días desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
Betanzos, 31 de xullo de 2024
María Barral Varela
Alcaldesa
