DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 11 de setembro de 2024 Páx. 50277

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2024 pola que se fan públicos os convenios de colaboración asinados por esta entidade pública no terceiro cuadrimestre do ano 2023 e no primeiro e segundo cuadrimestre do ano 2024.

Para os efectos previstos na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, acórdase dar publicidade dos convenios de colaboración asinados no terceiro cuadrimestre do ano 2023 e no primeiro e segundo cuadrimestre do ano 2024, que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2024

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data de sinatura

Achega de Portos de Galicia

Portos de Galicia e o Concello de Viveiro

Mantemento das obras incluídas no proxecto de pavimentación e servizos da rúa Porto de Celeiro-Viveiro, en dominio público portuario competencia de Portos de Galicia

29.9.2023

Non ten

Portos de Galicia e a Fundación Empresa-Universidade Gallega (Feuga)

Convenio para bolseiros

8.2.2024

51.041,40 €

Portos de Galicia e o Concello de Fisterra

Xestión e mantemento da vía e das instalacións dedicadas aos servizos de saneamento e abastecemento en DPP competencia de Portos de Galicia no concello de Fisterra

20.2.2024

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Ponteceso

Conservación e mantemento das obras de remodelación do porto de Corme, así como das instalacións de servizos e zonas de esparexemento en DPP de Corme

26.2.2024

Non ten

Augas de Galicia, Portos de Galicia e o Concello de Foz

Actuacións no DPP para a execución e o mantemento das obras do anteproxecto de colectores xerais e nova EDAR de Foz

11.4.2024

Non ten

Portos de Galicia, Augas de Galicia e o Concello de Mañón

Actuacións no DPP para a explotación e mantemento das obras de saneamento e depuración do Barqueiro. Concello de Mañón

22.5.2024

Non ten

Portos de Galicia, Augas de Galicia e o Concello de Mañón

Actuacións no DPP para a explotación e o mantemento das infraestruturas de saneamento e depuración do porto de Bares

22.5.2024

Non ten

Augas de Galicia, Portos de Galicia e o Concello de Sada

Actuacións no DPP para a execución e o mantemento das obras do anteproxecto de ampliación da estación depuradora de augas residuais de Sada

18.6.2024

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Sanxenxo

Auxilio e colaboración na vixilancia das instalacións do porto de Portonovo no seu conxunto e a ordenación do tráfico na zona portuaria

27.6.2024

Non ten

Portos de Galicia e Xallas Electricidad y Aleaciones, S.A.

Garantir o servizo de practicaxe nos portos de Cee, Corcubión. Laxe e Sada

3.7.2024

50.050,00 €

Portos de Galicia e a empresa Ence, S.A.

Para os tráficos de pasta química de madeira operados a través do porto de Ribadeo

4.7.2024

Bonificación da taxa X-3 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exencións reguladas da Comunidade Autónoma de Galicia

Portos de Galicia e o Concello de Poio

Addenda primeira ao convenio para a execución das actuacións de mellora do bordo portuario de Raxó (Poio) e xestión e mantemento das instalacións municipais dedicadas aos servizos públicos de saneamento, abastecemento e outros en DPP de Portos de Galicia

9.7.2024

Non ten. Cambio de anualidade

Portos de Galicia e o Concello de Poio

Auxilio e colaboración na vixilancia das instalacións do porto de Combarro-Poio no seu conxunto e a ordenación do tráfico na zona portuaria

19.7.2024

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Corcubión

Auxilio e colaboración na vixilancia das instalacións do porto de Corcubión no seu conxunto e a ordenación do tráfico na zona portuaria

8.8.2024

Non ten

Portos de Galicia e o Concello de Poio

Addenda segunda ao convenio para a execución das actuacións de mellora do bordo portuario de Raxó (Poio) e xestión e mantemento das instalacións municipais dedicadas aos servizos públicos de saneamento, abastecemento e outros en DPP de Portos de Galicia

8.8.2024

109.027,36 €

Portos de Galicia, Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Moaña

Execución das obras de reforma e mellora da nave de deportes náuticos no porto de Moaña

22.8.2024

90.610,90 €