O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG número 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia debe facer pública no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,
RESOLVO:
Dar publicidade da relación dos convenios de colaboración subscritos pola Axencia de Turismo de Galicia nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2024, que se incorpora como anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2024
José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia
ANEXO
|
Convenio |
Data da sinatura |
Importe |
||
|
2024 |
2025 |
2026 |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, o Concello de Lugo e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración da XXIII edición do Arde Lucus |
3.5.2024 |
40.000,00 € |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, o Concello de Ponteareas e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración da Festa do Corpus Christi de 2024 |
15.5.2024 |
40.000,00 € |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, o Concello de Ortigueira e Abanca Corporación Bancaria, S.A., para a celebración do Festival Internacional do Mundo Celta |
3.5.2024 |
100.000,00 € |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello do Carballiño para a celebración da Festa do Polbo de 2024 |
24.5.2024 |
40.000,00 € |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, o Concello da Estrada e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración da Rapa das Bestas de Sabucedo de 2024 |
10.7.2024 |
40.000,00 € |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, a Asociación Cultural e Deportiva Esteirana de Carrilanas e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración das Carrilanas de Esteiro de 2024 |
5.7.2024 |
25.000,00 € |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Cambados para a celebración da LXXII edición da Festa do Albariño |
6.8.2024 |
40.000,00 € |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, o Concello de Burela e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración da XXXVIII Feira do Bonito de Burela |
2.8.2024 |
25.000,00 € |
||
|
Convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Vigo para a execución do Plan de sustentabilidade turística de Vigo, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU |
7.5.2024 |
91.063,65 € |
919.331,68 € |
989.604,67 € |
|
Convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra para a execución do Plan de sustentabilidade turística na Ribeira Sacra. Compromiso coa mobilidade sostible e a mellora continua, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU |
24.6.2024 |
440.440,00 € |
1.131.400,00€ |
428.200,00 € |
|
Convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña para a execución do Plan de sustentabilidade turística Centro histórico de Ferrol e patrimonio militar da Costa Ártabra, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU |
26.6.2024 |
410.000,00 € |
885.000,00 € |
705.000,00 € |
|
Convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Deputación Provincial de Ourense para a execución do Plan de sustentabilidade turística Ourense colle velocidade, vilas históricas e termais, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU |
7.5.2024 |
222.880,00 € |
667.040,00 € |
600.080,00 € |
|
Convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación Mar de Santiago para a execución do Plan de sustentabilidade turística en destino Mar de Santiago: un percorrido marítimo-fluvial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU |
2.7.2024 |
810.000,00 € |
545.000,00 € |
345.000,00 € |
|
Convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Betanzos para a execución do Plan de sustentabilidade turística Núcleo histórico de Betanzos: o pasado como motor de futuro sostible, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU |
7.6.2024 |
150.000,00 € |
685.000,00 € |
165.000,00 € |
|
Convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Vigo para a execución do Plan de sustentabilidade turística do núcleo histórico da vila de Bouzas, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea- NextGenerationEU |
7.5.2024 |
385.100,00 € |
1.062.600,00 € |
552.300,00 € |
|
Convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Tui para a execución do Plan de sustentabilidade turística Vive a historia, descubre Tui: conexión sostible entre patrimonio e natureza, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU |
3.5.2024 |
519.600,00 € |
1.077.000,00 € |
403.400,00 € |
|
Convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Allariz para a execución do Plan de sustentabilidade turística Allariz destino sostible, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU |
7.5.2024 |
210.000,00 € |
355.000,00 € |
435.000,00 € |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, Renfe Viajeros Sociedad Mercantil Estatal, S.A. e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) |
29.5.2024 |
70.000,00 € |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación Galega de Empresas de Turismo Activo, Aventura e Natureza (AGETAN) para a realización de actividades de dinamización e promoción do turismo activo en Galicia |
20.6.2024 |
80.000,00 € |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Monterrei para a limpeza, conservación e mantemento do contorno do castelo de Monterrei |
3.5.2024 |
40.000,00 € |
||
|
Convenio de cooperación entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa Ría para a rehabilitación integral da estación marítima no peirao de pasaxeiros, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU |
19.7.2024 |
822.156,46 € |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Bispado de Lugo para a instalación de reixas e sistemas de iluminación e para a contratación de persoal de acollida e información dos peregrinos en igrexas do Camiño de Santiago |
19.6.2024 |
113.400,00 € |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Fundación Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense) para a organización e celebración do 22º Encontro internacional de turismo termal, saúde e benestar, Termatalia |
1.8.2024 |
50.000,00 € |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Fundación Las Edades del Hombre para a realización do proxecto expositivo Hospitalitas |
18.6.2024 |
750.000,00 € |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Mancomunidade do Salnés para o apoio á desestacionalización turística da Comarca do Salnés |
25.5.2024 |
100.000,00 € |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Larouco para o embelecemento e mellora do acceso ás covas de Seadur |
11.6.2024 |
50.000,00 € |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Fundación Legar para a substitución de material de cubrición de cuberta e obras de acondicionamento interior de edificación na Seara, concello de Quiroga, para destinala a centro de interpretación e sede da colección museográfica de instrumentos de música de raíz |
24.5.2024 |
50.000,00 € |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Arcebispado de Santiago de Compostela para a celebración do II Encontro de empresarios |
25.5.2024 |
48.400,00 € |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, a Fundación Catedral de Santiago e a S.A.M.I. Catedral de Santiago para o apoio e reforzo da seguridade no complexo catedralicio |
25.5.2024 |
1.075.612,35 € |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Fundación Traslatio para o desenvolvemento do proxecto Iacobus Maris Experience 2024 |
8.7.2024 |
30.000,00 € |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Federación Galega de Bandas de Música Populares para a realización de varios concertos de música popular en Santiago de Compostela, programa Música no Camiño |
11.6.2024 |
35.000,00 € |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a S.A.M.I. Catedral de Santiago de Compostela para a mellora da atención aos peregrinos e visitantes |
3.7.2024 |
300.091,00 € |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Palas de Rei para a apertura e visitas públicas ao castelo de Pambre |
24.6.2024 |
40.000,00 € |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, a Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés e os concellos integrantes da Mancomunidade para actuacións de mellora paisaxística e de promoción do Camiño Francés |
10.7.2024 |
519.400,00 € |
519.800,00 € |
|
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) para a realización de actividades de dinamización turística na provincia de Ourense |
30.6.2024 |
96.020,00 € |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Arcebispado de Santiago de Compostela para a reparación da cuberta da igrexa de San Xoán Apóstolo |
2.7.2024 |
40.000,00 € |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Mondoñedo para a rehabilitación da capela da Virxe de Guadalupe |
8.7.2024 |
42.991,30 € |
||
|
Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Axencia de Turismo de Galicia para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado do grao en Lingua e Literatura Inglesas, do grao en Linguas e Literaturas modernas e do máster universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións, da Facultade de Filoloxía |
16.7.2024 |
Sen achega |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e Cruz Vermella para dar asistencia a situacións de potencial emerxencia en puntos do Camiño Francés |
23.7.2024 |
55.000,00 € |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería da Coruña para o apoio á estrutura e funcionamento desta entidade durante o ano 2024 |
1.8.2024 |
70.000,00 € |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Sanxenxo para o proxecto de mellora da accesibilidade peonil no paseo de Silgar e rúa Madrid |
3.8.2024 |
250.000,00 € |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo para o apoio á estrutura e funcionamento desta entidade durante o ano 2024 |
15.7.2024 |
60.000,00 € |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Valga para o proxecto de adecuación do espazo de estacionamento da área lúdica da praia fluvial de Vilarello |
9.8.2024 |
40.000,00 € |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Mondariz-Balneario para a optimización e mellora integral das instalacións deportivas municipais existentes na avenida Enrique Peinador para uso de turismo deportivo sostible |
13.8.2024 |
18.089,50 € |
161.910,50 € |
|
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Fundación Carlos Velo para a organización da 29 edición do Ourense Film Festival, OUFF |
13.8.2024 |
120.000,00 € |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación de Distribuidoras de Hostalaría e Alimentación de Lugo para o apoio á celebración da IV Feira Gastronómica L de Lugo |
20.8.2024 |
30.000,00 € |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Corporación Voz de Galicia, S.L.U. para a difusión de contidos que potencien o turismo de Galicia |
21.8.2024 |
140.000,00 € |
||
|
Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e os concellos de Vilanova de Arousa, Pontecesures, Catoira e Valga para o desenvolvemento do proxecto Mar de Santiago 2024 |
21.8.2024 |
128.190,00 € |
||
