De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte á publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, número 70, das 9.00 ás 14.00 horas.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Lugo, 29 de agosto de 2024
María Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: MON-LU-0183/2015-ASV.
NIF da persoas interesada: 33276118V/33233356N.
Acto notificado: imposición da terceira multa coercitiva.
