DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 11 de setembro de 2024 Páx. 50366

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se notifica a imposición da terceira multa coercitiva no expediente sancionador MON-LU-0129/2019-FOR.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte á publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, número 70, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 29 de agosto de 2024

María Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: MON-LU-0129/2019-FOR.

NIF da persoa interesada: 33342854F.

Acto notificado: imposición da terceira multa coercitiva.