En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e demais normas vixentes de aplicación, sométense a información pública as solicitudes relacionadas coas instalacións que se describen a continuación:
1) Liña de media tensión 33 kV evacuación P.E. Ampliación Edreira I.
Solicitante: Puentengasa Oleirón, S.L.
Denominación do proxecto: LMT evacuación 33 kV ampliación P.E. Edreira I.
Concellos afectados: A Lama, Fornelos de Montes (Pontevedra).
Orzamento total (execución material): 3.130.124,54 €.
Obxecto: evacuación da enerxía xerada polos parques eólicos Edreira I e Ampliación Edreira I.
Orixe e final da liña de media tensión:
• Orixe: celas de media tensión do centro de seccionamento Edreira I (instalación obxecto do proxecto independente: parque eólico Edreira I), concello da Lama.
• Final: celas de media tensión da subestación posición P.E. Edreira e Ampliación Edreira I, concello de Fornelos de Montes.
Coordenadas de orixe e final da liña de media tensión (UTM H29 ETRS89):
| Descrición | X | Y | Concello | |
| Orixe | Celas media tensión C.S. Edreira I | 548.866,43 | 4.693.222,61 | A Lama | 
| Final | Celas media tensión subestación Posición P.E. Edreira I e Ampliación | 545.990,00 | 4.684.393,33 | Fornelos de Montes | 
Coordenadas da subestación Posición P.E. Edreira I e Ampliación 33 kV:
| Vértice | X UTM (H29 ETRS89) | Y UTM (H29 ETRS89) | Concello | 
| 1 | 545.954,00 | 4.684.362,00 | Fornelos de Montes | 
| 2 | 545.985,00 | 4.684.386,00 | Fornelos de Montes | 
| 3 | 545.979,00 | 4.684.393,00 | Fornelos de Montes | 
| 4 | 545.993,00 | 4.684.404,00 | Fornelos de Montes | 
| 5 | 546.010,00 | 4.684.382,00 | Fornelos de Montes | 
| 6 | 545.965,00 | 4.684.347,00 | Fornelos de Montes | 
Características técnicas recollidas no proxecto:
– Liña de evacuación aéreo-subterránea de media tensión de 33 kV, de lonxitude total 10.658,99 m (10.554,51 m de trazado aéreo e 104,48 m de trazado subterráneo), con orixe nas celas de media tensión do centro de seccionamento Edreira I (instalación incluída no proxecto independente parque eólico Edreira I) e final nas celas situadas no interior da subestación Posición P.E. Edreira I e ampliación 33 kV. O tramo aéreo da liña ten un total de 46 apoios.
Deseñada para unha potencia máxima de transporte de 38,89 Mw, con dobre circuíto, dividida en tres tramos:
• Tramo 1: liña subterránea con orixe nas celas de media tensión do centro de seccionamento Edreira I (instalación obxecto do proxecto independente parque eólico Edreira I) e final no apoio número 1 (apoio tipo paso aéreo-subterráneo), composta por dobre circuíto símplex de condutores tipo RHZ1-OL 18/30 kV 1×240 K Al + H16 (240 mm2 de sección por condutor), en gabia baixo tubo formigonada. Pola mesma gabia discorre cable de fibra óptica monomodo de 48 fibras para comunicacións, tamén baixo tubo. Discorre polo concello da Lama. Lonxitude: 82,81 metros.
• Tramo 2: liña aérea con orixe no apoio número 1 e final no apoio número 46 (apoios tipo paso aéreo-subterráneo), con dobre circuíto símplex de condutor LA-380 (381 mm2 de sección por condutor) e cable de garda tipo OPGW (cable combinado de protección e comunicacións) de 14,68 mm de diámetro, tendido sobre apoios metálicos de celosía con cimentacións de formigón, compostos por perfís angulares de ás iguais, fuste formado por tramos troncopiramidais de sección cadrada e cabezas de tramos prismáticos rectos, cos seus correspondentes illadores, ferraxes e sistemas de posta a terra. Discorre polos concellos da Lama e Fornelos de Montes. Lonxitude: 10.554,51 metros.
• Tramo 3: liña subterránea con orixe no apoio número 46 (apoio tipo paso aéreo-subterráneo) e final nas celas de media tensión da subestación Posición P.E. Edreira e Ampliación Edreira I, de características idénticas ás do tramo 1. Discorre polo concello de Fornelos de Montes. Lonxitude: 21,67 metros.
– Subestación Posición P.E. Edreira I e Ampliación 33 kV, constituída polas seguintes instalacións:
• Un edificio de residuos, cunha superficie construída de 31,64 m2 (11,5×3,3 m, con 3,3 m de altura máxima).
• Un edificio de parque eólico, cunha superficie construída de 216 m2 (21,6×10 m, cunha altura máxima de 5,6 m), distribuídos en almacén, sala de operación, cuarto de climatización, aseo/vestiario, salón/cociña e oficina.
• Un edificio de control, cunha superficie construída de 104,55 m2 (12,3×8,5 m, con 5,6 m de altura máxima), distribuídos en sala de proteccións e baixa tensión, sala Scada, sala de celas, sala de grupo electróxeno, sala de transformador de servizos auxiliares.
Os edificios serán de construción de obra civil, a base de muros de bloque prefabricado con illamento térmico interior, montados sobre cimentacións corridas de formigón armado, cubertas de tella cerámica curva.
O edificio de control albergará a seguinte aparellaxe:
• Sistema en 33 kV: unha (1) cela de protección de transformador, unha (1) cela de protección de transformador de servizos auxiliares, unha (1) cela de protección para batería de condensadores, unha (1) cela de liña, unha (1) cela de medida (celas metálicas prefabricadas de tipo encapsulado, con illamento de gas hexafluoruro de xofre SF6).
• Un (1) transformador de servizos auxiliares de 50 kVA de potencia, tensión secundaria 0,42-0,242 kV, un (1) grupo electróxeno de 50 kVA.
• Servizos auxiliares de corrente alterna e corrente continua, cos seus correspondentes armarios de proteccións. Para os servizos auxiliares de corrente continua proxéctase un equipamento rectificador-batería 48 Vcc, convertedores 125/48 Vcc e un cadro eléctrico independente para os servizos de telecomunicacións a 48 Vcc.
• Sistema Scada de control e regulación.
Estas instalacións de subestación intégranse na subestación Coto de Eiras, que comprende, ademais das descritas, as seguintes posicións, incluídas en proxectos independentes: Posición Coto de Eiras 33 kV (pertencente ao proxecto parque eólico Coto de Eiras) e Posición de transformación 33/132 kV (pertencente ao proxecto Posición de transformación 33/132 kV e LAT 132 kV conexión a SET Pazos de Borbén).
2) Infraestruturas de evacuación da enerxía xerada polos parques eólicos Edreira I, Ampliación Edreira I e Coto de Eiras.
Solicitante: Puentengasa Oleirón, S.L.
Denominación do proxecto: Posición de transformación 33/132 kV e LAT 132 kV conexión a SET Pazos de Borbén.
Concellos afectados: Fornelos de Montes, Mondariz, Pazos de Borbén e Redondela (Pontevedra).
Orzamento total (execución material): 4.698.056,79 €.
Obxecto: Infraestruturas de evacuación da enerxía xerada polos parques eólicos Edreira I, Ampliación Edreira I e Coto de Eiras, constituídas pola subestación Posición de transformación 33/132 kV, e a LAT (liña de alta tensión) 132 kV de saída da dita subestación, con conexión final na SET Pazos de Borbén.
Coordenadas da subestación Posición de transformación 33/132 kV:
| Vértice | X UTM (H29 ETRS89) | Y UTM (H29 ETRS89) | Concello | 
| 1 | 545.946 | 4.684.372 | Fornelos de Montes | 
| 2 | 545.991 | 4.684.407 | Fornelos de Montes | 
| 3 | 545.993 | 4.684.404 | Fornelos de Montes | 
| 4 | 545.979 | 4.684.393 | Fornelos de Montes | 
| 5 | 545.985 | 4.684.386 | Fornelos de Montes | 
| 6 | 545.954 | 4.684.362 | Fornelos de Montes | 
| Referencia | 545.972 | 4.684.385 | Fornelos de Montes | 
Orixe e final da LAT (liña de alta tensión) 132 kV conexión a SET Pazos de Borbén:
Orixe: subestación Posición de transformación 33/132 kV, no concello de Fornelos de Montes.
Final: Arqueta punto fronteira UFD (Unión Fenosa Distribución), que limita coas instalacións da SET Pazos de Borbén, instalación obxecto de proxecto independente, no concello de Pazos de Borbén.
Coordenadas de orixe e final da liña de alta tensión (UTM H29 ETRS89):
| Descrición | X | Y | Concello | |
| Orixe | Subestación Posición de transformación 33/132 kV | 545.972,00 | 4.684.385,00 | Fornelos de Montes | 
| Final | Arqueta punto fronteira UFD | 533.807,00 | 4.679.141,00 | Pazos de Borbén | 
Características técnicas principais das infraestruturas obxecto do proxecto:
– Subestación Posición de transformación 33/132 kV, que contará cos seguintes elementos:
• Unha (1) posición de liña/transformación de 132 kV de intemperie con tecnoloxía de aparellaxe convencional, formada por un (1) seccionador e un (1) interruptor automático, ambos de mando tripolar, transformadores de intensidade e de tensión para los circuítos de protección e medida, e dous (2) xogos de tres (3) pararraios para a protección da instalación contra as descargas de orixe atmosférica, a estrutura metálica soporte da aparellaxe e o pórtico de inicio do tramo aéreo da LAT 132 kV que evacúa a enerxía da subestación.
• Embarrados para o sistema de 132 kV constituído por cable símplex de aluminio-aceiro tipo Cardinal.
• Un (1) transformador de potencia de 65/80 MVA, ONAN/ONAF, de relación de transformación 132/33 kV, dotado de proteccións por imaxe térmica, termómetro, relé Buchholz, liberador de presión e nivel de aceite.
• Conexións entre cada unha das dúas celas de 33 kV de protección do transformador de potencia, e os bornes de 33 kV do dito transformador, constituídas por cable tríplex tipo RHV 18/30 kV 3×3×630 mm2 Cu+H25. As ditas celas de protección do transformador son obxecto de senllos proxectos independentes: Posición P.E. Coto de Eiras 33 kV e Posición P.E. Edreira I e Ampliación 33 kV.
• Unha (1) reactancia de posta a terra no lado 33 kV de intemperie, con limitación de intensidade de 500 A, 30 s, incluída a estrutura metálica soporte.
• Un (1) seccionador tripolar de intemperie no lado 33 kV para a conexión da reactancia de posta a terra, do tipo de dúas columnas por fase, con apertura manual, sen coitelas de posta a terra, incluída a súa estrutura metálica soporte.
• Tres (3) pararraios autoválvulas unipolares situados próximos aos bornes de 33 kV do transformador de potencia, equipados con contador para rexistro de descargas.
• Dúas (2) baterías de condensadores para a compensación da enerxía reactiva xerada polos parques eólicos Edreira I e Ampliación Edreira I, por unha parte, e a xerada polo parque eólico Coto de Eiras por outra, ambas constituídas por unha cabina compacta de envolvente metálica de intemperie que contén no seu interior os bancos de condensadores.
• Conexións entre cada unha das dúas celas de 33 kV de protección das baterías de condensadores para compensación da enerxía reactiva (obxecto de proxectos independentes: Posición P.E. Coto de Eiras 33 kV e Posición P.E. Edreira I e Ampliación 33 kV), e as respectivas baterías, constituída por cable símplex tipo RH5Z1 18/30 kV 3×1×240 mm2 Al+H25.
• Rede de terra constituída mediante unha malla de terra enterrada a 0,80 m, composta por condutor de cobre de 95 mm2.
• Edificio de control de planta rectangular de dimensións 4,6×8,5 m e cuberta a dúas augas, que albergará a sala de proteccións e baixa tensión, e conterá os armarios do sistema de protección, control, medida e servizos auxiliares da subestación.
Estas instalacións de subestación intégranse na subestación Coto de Eiras, que comprende, ademais das descritas, as seguintes posicións, incluídas en proxectos independentes: Posición Coto de Eiras 33 kV (pertencente ao proxecto parque eólico Coto de Eiras) e Posición P.E. Edreira I e Ampliación 33 kV (pertencente ao proxecto LMT evacuación 33 kV Ampliación P.E. Edreira I).
– Liña de evacuación aéreo-subterránea de alta tensión de 132 kV, de lonxitude total 14.226,69 m (14.138,91 m de trazado aéreo e 87,78 m de trazado subterráneo), con orixe no pórtico de la subestación posición de transformación 33/132 kV e final no Punto Frontera UFD anexo ás instalacións da SET Pazos de Borbén. O tramo aéreo da liña ten un total de 56 apoios.
Deseñada para unha potencia máxima de transporte de 155,58 Mw, cun único circuíto, dividida nos seguintes tramos:
• Tramo aéreo da LAT 132 kV de 14.138,91 m de lonxitude, sen incluír o van destensado entre o pórtico de saída da subestación e o apoio número 1, composta por 56 apoios e constituída por un simple circuíto de condutor de aluminio con alma de aceiro tipo LA-380 símplex (337-AL1/44-ST1A), máis un cable de garda tipo OPGW-48 (cable combinado de protección e comunicacións), tendidos sobre apoios metálicos de celosía de diferentes tipos, compostos por perfís de aceiro galvanizado, cos seus correspondentes illadores, ferraxes, sistemas de posta a terra, e cimentacións de formigón. O último apoio (56) está deseñado como paso aéreo-subterráneo para realizar a conexión co trazado subterráneo con que finalmente se alcanzará a SET Pazos de Borbén. O tramo aéreo descrito discorre polos concellos de Fornelos de Montes, Mondariz, Pazos de Borbén e Redondela.
• Trazado subterráneo da LAT de 132 kV de conexión coa SET Pazos de Borbén, de 87,78 metros de lonxitude total, cun circuíto símplex constituído por 3 condutores RHZ1-RA+OL (S) 76/132 kV 1×630 Al+H165 con configuración en triángulo. Discorre polo municipio de Redondela e está constituído polos seguintes tramos:
▪ Uns tramos inicial e final baixo gabia, de 71,58 m e 3,15 m de lonxitude respectivamente, que conterá 5 tubos PE-AD de dobre parede dispostos mediante separador (3 tubos de 160 mm para os cables de potencia e 2 tubos de 110 mm para os cables de conexión equipotencial). Por encima destes, 2 tubos de PE-AD de dobre parede de 125 mm de diámetro para protección dos cables de comunicacións de fibra óptica. Todo o conxunto irá embebido dentro dun prisma de formigón HM-20/B/20. A unha profundidade de 500 mm baixo o pavimento colocarase unha cinta de sinalización dos cables enterrados.
▪ Un tramo intermedio de 13,05 m, executado mediante perforación horizontal dirixida, constituída por unha vaíña de 630 mm de diámetro exterior, que conterá 3 tubos de 200 mm para os cables de potencia, 2 tubos de 110 mm para os cables de conexión equipotencial, así como 8 tubos de diámetro 40 mm para os cables de comunicacións.
Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático.
Procedemento de avaliación ambiental: os proxectos das referidas instalacións eléctricas están suxeitos a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.
Constitúen o obxecto de información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, as declaracións de utilidade pública e o estudo de impacto ambiental conxunto das referidas instalacións. As declaracións de utilidade pública, de acordo co artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, levarán implícitas, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicarán a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.
Documentación que se expón:
1) Liña de media tensión 33 kV evacuación P.E. Ampliación Edreira I (expediente IN408A 2022/015):
• Proxecto de execución titulado LMT evacuación 33 kV Ampliación P.E. Edreira I, asinado polo técnico Sergio Rodríguez Rodríguez, datado en xuño de 2024, visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Ourense o 26.6.2024.
• Relación de bens e dereitos afectados (RDBA), documento titulado Relación de bens dependentes LMT evacuación 33 kV Ampliación P.E. Edreira I, asinado polo técnico Sergio Rodríguez Rodríguez, datado en xuño de 2024.
2) Infraestruturas de evacuación da enerxía xerada polos parques eólicos Edreira I, Ampliación Edreira I e Coto de Eiras (expediente IN408A 2022/014):
• Proxecto de execución titulado Posición de transformación 33/132 kV e LAT 132 kV conexión a SET Pazos de Borbén, asinado polo técnico Sergio Rodríguez Rodríguez, datado en xuño de 2024, visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Ourense o 26.6.2024.
• Relación de bens e derechos afectados (RBDA), documento titulado Relación de bens dependentes posición de transformación 33/132 kV e LAT 132 kV conexión a SET Pazos de Borbén, asinado polo técnico Sergio Rodríguez Rodríguez, datado en xuño de 2024.
3) Documentación común ás instalacións anteriores 1) e 2):
• Estudo de impacto ambiental conxunto de 1) e 2), documento titulado Estudo de impacto ambiental LMT evacuación 33 kV Ampliación P.E. Edreira I e LAT 132 kV conexión a SET Pazos de Borbén, asinado polo técnico Martín Domínguez Díaz, datado en xuño de 2024.
O que se fai público de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións no prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo en el Diario Oficial de Galicia.
A consulta da documentación realizarase preferentemente a través da seguinte ligazón da web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático:
https://medioambiente.xunta.gal/enerxias-renovables/documentos-exposicion-publica
A atención será telefónica nos números 986 80 52 11 e 986 80 52 34, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Dirección Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43, 4º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa nos números de teléfono indicados, así como nas dependencias dos concellos da Lama (avenida do Concello, nº 1, 36830 A Lama, Pontevedra), Fornelos de Montes (praza da Igrexa, nº 1, 36847 Fornelos de Montes, Pontevedra), Mondariz (praza de Merouces, 16, 36870 Mondariz, Pontevedra), Pazos de Borbén (lugar Pazos, 52, 36841 Pazos de Borbén, Pontevedra) e Redondela (rúa Alfonso XII, 2, 36800 Redondela, Pontevedra).
Pontevedra, 12 de agosto de 2024
Nicolás Lorenzo Montes
Director territorial de Pontevedra

