En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:
Solicitante: Puentengasa Coto de Eiras II, S.L.
Denominación do proxecto: parque eólico Coto de Eiras modificado.
Concellos afectados: Fornelos de Montes, Mondariz (Pontevedra).
Potencia que se instalará: 48 MW.
Número de aeroxeradores que se van instalar: 10.
Produción neta anual estimada: 125.424 (MWh/ano).
Orzamento total (execución material): 33.153.776,80 €.
Coordenadas da poligonal de delimitación:
|
Punto |
X UTM (H29 ETRS89) |
Y UTM (H29 ETRS89) |
|
1 |
544.884,68 |
4.685.284,50 |
|
2 |
545.284,68 |
4.685.284,50 |
|
3 |
545.947,70 |
4.684.999,40 |
|
4 |
546.623,04 |
4.684,905,34 |
|
5 |
546.893,76 |
4.685.087,63 |
|
6 |
547.135,93 |
4.685.087,63 |
|
7 |
547.364,46 |
4.685.404,57 |
|
8 |
547.764,46 |
4.685.404,57 |
|
9 |
547.764,46 |
4.685.004,57 |
|
10 |
548.121,12 |
4.648.787,53 |
|
11 |
548.242,06 |
4.684.529,97 |
|
12 |
548.121,12 |
4.684.387,53 |
|
13 |
547.721,12 |
4.684.387,53 |
|
14 |
547.147,00 |
4.684.261,38 |
|
15 |
547.643,20 |
4.682.801,68 |
|
16 |
548.039,05 |
4.682.198,67 |
|
17 |
548.039,05 |
4.681.798,67 |
|
18 |
547.639,05 |
4.681.798,67 |
|
19 |
547.146,65 |
4.681.811,60 |
|
20 |
546.746,65 |
4.681.811,60 |
|
21 |
546.210,53 |
4.682.431,21 |
|
22 |
546.094,82 |
4.683.111,29 |
|
23 |
546.156,89 |
4.683.397,10 |
|
24 |
546.013,66 |
4.683.766,86 |
|
25 |
545.514,07 |
4.684.400,91 |
|
26 |
544.884,68 |
4.684.884,50 |
Coordenadas dos aeroxeradores:
|
Aeroxerador |
X UTM (H29 ETRS89) |
Y UTM (H29 ETRS89) |
Modelo |
Altura (m) |
|
CE01 |
545.084,68 |
4.685.084,50 |
Cypress 158-4,80 MW (GE) |
101 |
|
CE02 |
545.714,07 |
4.684.600,91 |
Cypress 158-4,80 MW (GE) |
101 |
|
CE03 |
546.213,66 |
4.683.966,86 |
Cypress 158-4,80 MW (GE) |
101 |
|
CE04 |
546.410,53 |
4.682.631,21 |
Cypress 158-4,80 MW (GE) |
101 |
|
CE05 |
546.946,65 |
4.682.011,60 |
Cypress 158-4,80 MW (GE) |
101 |
|
CE06 |
547.443,20 |
4.682.601,68 |
Cypress 158-4,80 MW (GE) |
101 |
|
CE07 |
547.839,05 |
4.681.998,67 |
Cypress 158-4,80 MW (GE) |
101 |
|
CE08 |
546.947,00 |
4.684.461,38 |
Cypress 158-4,80 MW (GE) |
101 |
|
CE09 |
547.564,46 |
4.685.204,57 |
Cypress 158-4,80 MW (GE) |
101 |
|
CE10 |
547.921,12 |
4.684.587,53 |
Cypress 158-4,80 MW (GE) |
101 |
O parque eólico Coto de Eiras evacuará a enerxía xerada a través da subestación SET Coto de Eiras, constituída polas tres seguintes instalacións: posición PE Coto de Eiras 33 kV, posición PE Edreira I e ampliación Edreira 33 kV e posición de transformación 33/132 kV. O alcance do presente proxecto limítase á posición PE Coto de Eiras, xa que as outras posicións son obxecto de proxectos independentes.
Coordenadas da plataforma posición PE Coto de Eiras 33 kV na subestación SET Coto de Eiras:
|
Vértice |
X UTM (H29 ETRS89) |
Y UTM (H29 ETRS89) |
|
1 |
545.975,00 |
4.684.427,00 |
|
2 |
545.990,00 |
4.684.407,00 |
|
3 |
545.945,00 |
4.684.372,00 |
|
4 |
545.930,00 |
4.684.392,00 |
Características técnicas recollidas no proxecto:
– Dez (10) aeroxeradores tripá de 4,8 MW de potencia nominal unitaria, modelo Cypress 158 do fabricante General Electric, de 158 m de diámetro de rotor e unha altura de buxeiro de 101 m.
– Dez (10) centros de transformación de potencia nominal aparente de 5.300 kVA e tensión 0,65/33 kV, situados no interior dos aeroxeradores.
– Rede de media tensión de 33 kV subterránea, formada por tres (4) circuítos con cables RHZ1 18/30 kV Al + H16 de 240 mm2 de sección, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores, e entre estes e as cabinas de media tensión da posición PE Coto de Eiras 33 kV da SET Coto de Eiras, instalados en gabia baixo tubo de polietileno. Pola mesma gabia discorrerá cable de terra de 50 mm2 e condutor de fibra óptica multimodo de 62,5/120 micras para comunicacións.
– Posición PE Coto de Eiras (integrada na SET Coto de Eiras) que abarca as seguintes instalacións:
• Edificio de residuos, cunha superficie construída de 31,64 m2, altura máxima 3,3 metros.
• Edificio do parque eólico, cunha superficie construída de 216 m2, altura máxima 5,6 metros, composto de almacén, sala de operación, cuarto de climatización, aseo, salón e oficina.
• Edificio de control, cunha superficie construída de 104,55 m2, altura máxima 5,6 metros, composto de sala de operacións e baixa tensión, sala Scada, sala de celas, sala de grupo electróxeno e sala de transformador de servizos auxiliares.
Os edificios serán de construción de obra civil, a base de muros de bloque prefabricado con illamento térmico interior, montados sobre cimentacións corridas de formigón armado, cuberta de tella cerámica curva e cerramentos revestidos pola súa cara exterior mediante morteiro monocapa.
• Aparellaxe de media tensión en 33 kV, composta por unha (1) cela de protección para nivel de 33 kV do transformador de potencia, unha (1) cela de protección para transformador de servizos auxiliares (50 kVA, relación de transformación 33/0,42-0,242 kV), unha (1) cela de protección para batería de condensadores (5 MVAr), catro (4) celas de protección para as liñas da rede interna do parque eólico, unha (1) cela de medida (celas de tipo encapsulado metálico, con illamento de gas hexafluoruro de xofre (SF6). Grupo electróxeno de 50 kVA.
• Aparellaxe de baixa tensión: armario de proteccións de baixa tensión con contador de enerxía, equipamento rectificador e convertedor de potencia a corrente continua, sistema Scada de control e regulación.
Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático.
Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito á avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.
Constitúen obxecto de información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, a declaración de utilidade pública e o estudo de impacto ambiental das referidas instalacións. A declaración de utilidade pública, de acordo co artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.
O que se fai público de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presentar as súas alegacións no prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.
A consulta da documentación realizarase preferentemente a través da seguinte ligazón da web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático:
https://medioambiente.xunta.gal/enerxias-renovables/documentos-exposicion-publica
A atención será telefónica no número 986 80 52 11, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Dirección Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43-5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado, así como nas dependencias do Concello de Fornelos de Montes (praza da Igrexa, núm. 1, 36847 Fornelos de Montes, Pontevedra) e do Concello de Mondariz (praza Merouces, núm. 16, 36870 Mondariz, Pontevedra).
Pontevedra, 12 de agosto de 2024
Nicolás Lorenzo Montes
Director territorial de Pontevedra
