DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 11 de setembro de 2024 Páx. 50327

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ACORDO do 12 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa, as declaracións de utilidade pública, en concreto, as necesidades de urxente ocupación dos terreos afectados polas ditas declaracións, as solicitudes de autorización administrativa de construción, relativas ás instalacións dos parques eólicos Edreira I (expediente IN661A 2011/15-4) e ampliación Edreira I (expediente IN408A 2020/168), e o estudo de impacto ambiental (EIA) conxunto dos parques eólicos Edreira I (expediente IN661A 2011/15-4) e ampliación Edreira I (expediente IN408A 2020/168), ambos sitos no concello da Lama.

Sométense a información pública as solicitudes relacionadas coas instalacións que se describen a seguir, en cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e demais normas vixentes de aplicación.

1º. Proxecto do parque eólico Edreira I (expediente IN661A 2011/15-4):

Solicitante: Puentengasa San Roque I, S.L.

Denominación do proxecto: parque eólico Edreira I modificado. Maio 2024.

Concellos afectados: A Lama (Pontevedra).

Potencia que se vai instalar: 8,4 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 2.

Produción neta anual estimada: 27.187,0 (MWh/ano).

Orzamento total (execución material): 5.446.447,34 €.

Coordenadas da poligonal de delimitación:

Punto

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

1

548.656,68

4.693.549,65

2

549.056,68

4.693.549,65

3

549.560,83

4.694.048,22

4

549.597,23

4.694.292,16

5

550.370,30

4.694.292,16

6

550.370,30

4.693.734,83

7

549.295,28

4.693.149,65

8

548.656,68

4.693.149,65

Coordenadas dos aeroxeradores:

Aeroxerador

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Modelo

Altura (m)

ED1

548.856,50

4.693.349,50

V136-4,2 MW

112

ED2

549.760,67

4.693.848,08

V136-4,2 MW

112

Coordenadas do centro de seccionamento:

Vértices da envolvente

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

A

548.813,62

4.693.234,11

B

548.828,65

4.693.260,07

C

548.874,09

4.693.233,77

D

548.859,06

4.693.207,80

Características técnicas recollidas no proxecto:

– Dous (2) aeroxeradores de 4,2 MW de potencia nominal unitaria, modelo V136 do fabricante Vestas, de 136 m de diámetro de rotor e unha altura de buxeiro de 112 m.

– Dous (2) centros de transformación de potencia nominal aparente de 4.800 kVA, e tensión 0,65/33 kV, situados no interior dos aeroxeradores.

– Rede de media tensión de 33 kV subterránea, formada por un (1) circuíto con cables RH5Z1 18/30 kV Al+H16 de 240 mm2 de sección, que conecta as saídas dos centros de transformación dos aeroxeradores, e conduce a enerxía xerada por estes ata a cela de posición de liña do centro de seccionamento. Pola mesma gabia discorrerá cable de terra constituído por condutor nu de cobre de 50 mm2 e condutor de fibra óptica para comunicacións.

– Centro de seccionamento de planta rectangular, de dimensións 8,07×2,38×3,24 metros, formado por distintos elementos prefabricados de formigón, e que contará cos seguintes compoñentes eléctricos:

• Conxunto de celas de 36 kV illadas en SF6, consistente na aparamenta de protección e control necesaria para a evacuación da enerxía xerada polo parque eólico Edreira I, con configuración de simple barra e relés de protección incorporados, e constituído por unha (1) cela de posición de liña para a conexión dos aeroxeradores, unha (1) cela de posición de medida en barras, unha (1) cela de posición do transformador de servizos auxiliares e unha (1) cela de posición de batería de condensadores para compensación de reactiva.

• Conxunto de celas de 36 kV illadas en SF6 obxecto do proxecto do parque eólico ampliación Edreira I (expediente IN408A 2020/168), constituído por dúas (2) celas de posición de liña, unha (1) cela de posición de medida en barras e unha (1) cela de posición para a protección da liña de saída subterránea do centro de seccionamento.

• Un (1) transformador de servizos auxiliares 33/0,42 kV, de 160 kVA de potencia nominal.

• Cadro de servizos auxiliares para o mando e protección dos circuítos de baixa tensión.

• Equipamento para a subministración de corrente continua ao sistema de control e manobra da aparellaxe do centro de seccionamento, así como ao sistema de iluminación de emerxencia, incluídas as baterías de CC.

• Sistema integrado de control e protección, consistente nun armario que contén un analizador de rede para os aparatos de medida instantánea, unidade de control, panel de visualización de alarmas e conmutadores de mando, concentrador de fibra óptica para as comunicacións, e os relés de protección asociados á aparellaxe de media tensión do parque eólico.

• Equipamento de medida e facturación, incluídos contadores (principal e redundante), módem para telemedida e armario.

2º. Proxecto do parque eólico ampliación Edreira I (expediente IN408A 2020/168):

Solicitante: Puentengasa Oleirón, S.L.

Denominación do proxecto: parque eólico ampliación Edreira I. Maio 2024.

Concellos afectados: A Lama (Pontevedra).

Potencia que se vai instalar: 16,8 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 4.

Produción neta anual estimada: 55.238,4 (MWh/ano).

Orzamento total (execución material): 10.934.555,97 €.

Coordenadas da poligonal de delimitación:

Punto

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

1

548.656,68

4.693.549,65

2

549.056,68

4.693.549,65

3

549.560,83

4.694.048,22

4

549.633,62

4.694.536,09

5

549.633,62

4.694.936,09

6

550,033,62

4.694.936,09

7

551.115,04

4.695.395,89

8

551.480,45

4.696.314,21

9

552.331,00

4.696.314,21

10

552.331,00

4.695.659,77

11

551.897,75

4.695.659,36

12

550.770,30

4.693.734,83

13

550.370,30

4.693.734,83

14

549.295,28

4.693.149,65

15

548.656,68

4.693.149,65

Coordenadas dos aeroxeradores:

Aeroxerador

X UTM (H29 ETRS89)

Y UTM (H29 ETRS89)

Modelo

Altura (m)

A-ED1

549.833,62

4.694.736,09

V136-4,2 MW

112

A-ED2

550.570,30

4.693.934,83

V136-4,2 MW

112

A-ED3

550.846,16

4.694.826,88

V136-4,2 MW

112

A-ED4

552.097,75

4.695.849,77

V136-4,2 MW

112

Características técnicas recollidas no proxecto:

– Catro (4) aeroxeradores tripá de 4,2 MW de potencia nominal unitaria, modelo V136 do fabricante Vestas, de 136 m de diámetro de rotor e unha altura de buxeiro de 112 m.

– Catro (4) centros de transformación de potencia nominal aparente de 4.800 kVA e tensión 0,65/33 kV, situados no interior dos aeroxeradores.

– Rede de media tensión de 33 kV subterránea, formada por dous (2) circuítos con cables RHZ1 18/30 kV Al+H16 de 240 mm2 de sección, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores, e entre estes e as cabinas de media tensión do centro de seccionamiento. Pola mesma gabia discorrerá cable de terra de 50 mm2 e condutor de fibra óptica multimodo de 62,5/120 micras para comunicacións.

– Aparellaxe de media e baixa tensión, composta por dúas (2) celas de posición de liña, unha (1) cela de posición de medida en barras, e unha (1) cela de posición para a protección da liña de saída subterránea do centro de seccionamento, con illamento de gas hexafluoruro de xofre (SF6), armario de baixa tensión con equipamentos de facturación e medida, equipamento rectificador e convertedor de potencia a corrente continua, sistema Scada de control e regulación. Esta aparellaxe instalarase no interior do centro de seccionamento do parque eólico Edreira I (expediente IN661A 2011/15-4).

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto das referidas instalacións é a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático.

Procedemento de avaliación ambiental: os proxectos das referidas instalacións eléctricas están suxeitos á avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Constitúen obxecto de información pública as solicitudes de autorización administrativa previa, as declaracións de utilidade pública, as solicitudes de autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental conxunto das referidas instalacións. As declaracións de utilidade pública, de acordo co artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, levarán implícitas, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Documentación que se expón:

1º. Documentación específica do parque eólico Edreira I (expediente IN661A 2011/15-4):

– Proxecto de execución parque eólico Edreira I modificado (maio 2024), asinado o 10.5.2024 polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Fausto Núñez Casamayor, colexiado núm. 28614 do Colexio Profesional de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos.

– Relación de bens e dereitos afectados, asinada o 12.1.2024 polo enxeñeiro de camiños, canais e portos Fausto Núñez Casamayor, que contén:

• A relación dos propietarios de bens e dereitos afectados polo proxecto (RBDA), a cal figura tamén no anexo que se insire neste acordo.

• Planos dos predios afectados polo proxecto.

2º. Documentación específica do parque eólico ampliación Edreira I (expediente IN408A 2020/168):

– Proxecto de execución parque eólico ampliación Edreira I (maio 2024), asinado o 10.5.2024 polo enxeñeiro de camiños, canais e portos Fausto Núñez Casamayor, colexiado núm. 28614 do Colexio Profesional de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos.

– Relación de bens e dereitos afectados, asinada o 22.1.2024 polo enxeñeiro de camiños, canais e portos Fausto Núñez Casamayor, contendo:

• A relación dos propietarios de bens e dereitos afectados polo proxecto (RBDA), a cal figura tamén no anexo que se insire neste acordo.

• Planos dos predios afectados polo proxecto.

3º. Documentación compartida polo parque eólico Edreira I (expediente IN661A 2011/15-4) e o parque eólico ampliación Edreira I (expediente IN408A 2020/168):

– Estudo de impacto ambiental conxunto dos parques eólicos Edreira I e ampliación Edreira I co título Estudo de impacto ambiental e proxecto de restauración conxunto dos parques eólicos Edreira I modificado e ampliación Edreira I (novembro 2023), asinado o 14.11.2023 polo enxeñeiro de minas José Ignacio Maldonado Menéndez-Ormaza, e o 15.11.2023 polo licenciado en Ciencias Biolóxicas Xavier Vázquez Pumariño.

Polo exposto, os referidos proxectos fanse públicos para o coñecemento xeral, así como, en particular, das persoas propietarias dos predios afectados que figuran nas relacións anexas a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG) ou nun dos xornais de maior circulación das provincias afectadas, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43-4º, 36071 Pontevedra, teléfonos 986 80 52 34 e 986 80 52 11), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como na Casa do Concello da Lama (avenida do Concello, núm. 1, 36830 A Lama, Pontevedra). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a través da seguinte ligazón:

https://medioambiente.xunta.gal/enerxias-renovables/documentos-exposicion-publica

Pontevedra, 12 de agosto de 2024

Nicolás Lorenzo Montes
Director territorial de Pontevedra

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto do parque eólico Edreira I (expediente IN661A 2011/15-4)

Parque eólico Edreira I

Nº predio

Titulares

Datos catastrais

Lugar

Uso

Nº aero.

Afeccións (m²)

Pleno dominio

Serv. paso

Servidume

de voo aero.

Serv. voo aero.-vía-gabia (m2)

Serv. voo aero.-vía (m2)

Serv. voo aero.-gabia (m2)

Ref. catastral

Cim.

Plat.

C.S.

Vía

Gabia

Concello da Lama

1

CMVMC Antas

36025A00800778

Coto de Carro

Forestal

ED-01

452,39

8.426,24

1.575,00

9.674,40

7.605,90

14.526,70

2.484,90

1.626,26

858,65

2

CMVMC Antas

36025A00800920

Coto de Carro

Matogueira

ED-02

2.200,00

5.510,00

3

CMVMC Seixido

36025A01000516

Coto de Xesta

Matogueira

ED-02

452,39

8.426,24

7.900,00

2.817,00

14.526,70

385,60

Afeccións en metros cadrados (m2):

– Superficie de pleno dominio:

• Cimentación (Cim.): cimentación do aeroxerador.

• Plataforma (Plat.): plataforma de montaxe do aeroxerador.

• Centro seccionamento (C.S): centro seccionamento.

– Servidume de paso:

• Vía: dereito de paso polas vías en que circularán os transportes para a construción, vixilancia, conservación e reparación das instalacións do parque eólico.

• Gabia: servidume de paso da liña eléctrica soterrada. Alberga a franxa onde van aloxados os condutores, incrementada a cada lado nunha distancia mínima de seguridade igual á metade da largura da canalización.

– Servidume de voo das pas do aeroxerador (Serv. voo): servidume definida pola superficie de varrido das pas do aeroxerador. Deberán restarse, no caso de que existan, as afeccións solapadas (Serv. voo aero.+vía+gabia, Serv. voo aero.+vía, Serv. voo aero.+gabia).

ANEXO II

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto do parque eólico ampliación Edreira I
(expediente IN408A 2020/168)

Parque eólico ampliación Edreira I

Nº predio

Titulares

Datos catastrais

Lugar

Uso

Nº aero.

Afeccións (m2)

Pleno dominio

Serv. paso

Servidume

de voo aero.

Serv. voo aero.-vía-gabia (m2)

Serv. voo aero.-vía (m2)

Serv. voo aero.-gabia (m2)

Ref. catastral

Cim.

Plat.

Vía

Gabia

Concello da Lama

1

CMVMC Antas

36025A00800778

Coto de Carro

Forestal

AED-01, AED-02, AED-03, AED-04

7.691,70

10.101,70

2

CMVMC Antas

36025A00800920

Coto de Carro

Matogueira

AED-01, AED-02, AED-03, AED-04

1.165,00

6.608,10

3

CMVMC Seixido

36025A01000516

Coto de Xesta

Matogueira

AED-01, AED-02, AED-03, AED-04

10.517,40

4

CMVMC Antas

36025A03400245

Alto de Ceo de Canceleira

Matogueira

AED-01

452,39

8.426,24

2.876,50

5.936,10

14.526,70

5

Mª del Carmen Ogando Boullosa (Herdeiros de)

36025A03400246

Alto de Ceo de Canceleira

Carballeira

AED-01

380,00

6

Descoñecido

36025A03401003

Alto de Ceo de Canceleira

Matogueira

AED-01

380,00

7

Descoñecido

36025A03400250

Alto de Ceo de Canceleira

Carballeira

AED-01

463,00

8

Descoñecido

36025A03401009

Alto de Ceo de Canceleira

Agrario

AED-01

1.568,00

9

CMVMC Seixido

36025A03400997

Coto Luceiro

Matogueira

AED-01

1.441,00

2.904,00

10

CMVMC Seixido

36025A03601089

Coto Valgrande

Matogueira

AED-02

452,39

7.852,70

1.173,50

1.173,50

14.526,70

11

CMVMC Xesta

36025A03601087

Coto Valgrande

Matogueira

AED-02

2.490,50

12

CMVMC Xesta

36025A03500923

Coto Valgrande

Matogueira

AED-02

573,54

1.711,00

13

CMVMC Xesta

36025A03500921

Coto Uceira

Matogueira

AED-03

452,39

8.426,24

25.668,00

20.419,00

14.526,70

752,70

14

CMVMC Xesta

36025A03400992

Coto Valgrande

Matogueira

AED-03

1.100,00

12.920,00

15

Portela Antón, Dalia

36025A03500217

Coto Uceira

Matogueira

AED-04

86,00

86,00

16

Justo Justo, Rosa Nélida

36025A03500218

Coto Uceira

Matogueira

AED-04

82,00

82,00

17

Portela Antón, Dalia

36025A03500219

Coto Uceira

Matogueira

AED-04

81,00

81,00

18

Garrido Portela, Alejandro

36025A03500220

Coto Uceira

Matogueira

AED-04

365,00

365,00

19

Portela Antón, Dalia

36025A03500221

Coto Uceira

Matogueira

AED-04

7,30

20

Garrido Portela, Alejandro

36025A03500213

Coto Uceira

Matogueira

AED-04

229,00

222,00

21

Montes Piñeiro, José

36025A03500211

Coto Uceira

Matogueira

AED-04

170,80

22

Alfaya Antón, Digna

36025A03500212

Coto Uceira

Matogueira

AED-04

251,00

168,40

23

Portela Antón, Dalia

36025A03500210

Coto Uceira

Matogueira

AED-04

447,00

358,80

24

Montes Piñeiro, José

36025A03500207

Coto Uceira

Matogueira

AED-04

267,00

267,00

25

Justo Cendón, Manuel

36025A03500206

Coto Uceira

Matogueira

AED-04

73,00

73,00

26

Descoñecido

36025A03500205

Coto Uceira

Matogueira

AED-04

230,00

230,00

27

Montes Portela, María

36025A03500228

Coto Uceira

Carballeira

AED-04

351,00

351,00

28

Justo Cendón, Manuel

36025A03500229

Coto Uceira

Matogueira

AED-04

197,00

197,00

29

Da Silva Montes, Gloria

36025A03500230

Coto Uceira

Matogueira

AED-04

241,00

241,00

30

Montes Portela, Agripina

36025A03500231

Coto Uceira

Matogueira

AED-04

310,00

310,00

31

Vilas Portela, Segismundo

36025A03500269

Coto Uceira

Carballeira

AED-04

228,00

228,00

32

Portela Antón, Dalia

36025A03500268

Coto Uceira

Carballeira

AED-04

15,10

33

Justo Baqueiro, Carlos

36025A03500267

Coto Uceira

Matogueira

AED-04

88,00

88,00

34

Justo Fernández, Lucía

36025A03500266

Coto Uceira

Matogueira

AED-04

150,00

150,00

35

Da Silva Montes, Gloria

36025A03500264

Coto Uceira

Matogueira

AED-04

297,00

297,00

36

Montes Piñeiro, María Dalia

36025A03500262

Coto Uceira

Matogueira

AED-04

133,20

37

Corbal Portela, Laura

36025A03500263

Coto Uceira

Matogueira

AED-04

400,00

400,00

38

Justo Madorell Benilde, María Guadalupe

36025A03500259

Coto Uceira

Matogueira

AED-04

20,00

39

Montes Portela, Agripina/Domínguez Domínguez, Manuel

36025A03500255

Coto Uceira

Matogueira

AED-04

410,00

410,00

40

Vilar Portela, Alfonso

36025A03500303

Coto Uceira

Matogueira

AED-04

1,00

41

Montes Piñeiro, María Dalia

36025A03500304

Coto Uceira

Matogueira

AED-04

108,00

42

Portela Antón, Dalia

36025A03500308

Coto Uceira

Matogueira

AED-04

130,80

43

Portela Portela, Hipólito

36025A03500254

Coto Uceira

Matogueira

AED-04

287,50

44

Portela Antón, Dalia

36025A03500309

Coto Uceira

Matogueira

AED-04

65,80

45

Corbal Portela, Avelina

36025A03500310

Coto Uceira

Matogueira

AED-04

78,30

46

Justo Madorell Benilde, María Guadalupe

36025A03500317

Coto Uceira

Matogueira

AED-04

91,80

47

Da Silva Montes, Gloria

36025A03500919

Coto Uceira

Pastos

AED-04

397,45

397,45

48

Vilas Portela, Segismundo

36025A03500918

Coto Uceira

Carballeira

AED-04

308,15

308,15

49

Montes Portela, María

36025A03500917

Coto Uceira

Matogueira

AED-04

221,50

50

Da Silva Montes, Gloria

36025A03500916

Coto Uceira

Matogueira

AED-04

47,90

93,00

51

Portela Portela, Hipólito

36025A03500915

Coto Uceira

Matogueira

AED-04

30,00

153,00

52

Portela Justo, Gloria

36025A03500914

Coto Uceira

Matogueira

AED-04

50,80

53

Vilas Portela Segismundo

36025A03500912

Coto Uceira

Pastos

AED-04

362,00

362,00

54

Cendón Justo, Enrique

36025A03500911

Coto Uceira

Matogueira

AED-04

440,00

440,00

55

Vilas Portela Segismundo

36025A03500901

Coto Uceira

Matogueira

AED-04

346,00

346,00

56

Redondo Vilas, Marcelino

36025A03500900

Coto Uceira

Matogueira

AED-04

553,00

553,00

57

Carballar Cendón, José Daniel/Carballal Cendón, Juan Carlos

36025A03200458

Coto Uceira

Matogueira

AED-04

372,00

372,00

58

Moreira Doval, Manuel

36025A03200457

Coto Uceira

Matogueira

AED-04

703,00

703,00

59

Descoñecido

36025A03200456

Coto Uceira

Matogueira

AED-04

467,00

467,00

60

CMVMC Xesta

36025A03200455

Coto Uceira

Matogueira

AED-04

452,39

8.426,24

9.295,10

8.930,00

14.526,70

1.516,10

1.039,10

477,00

Afeccións en metros cadrados (m2):

– Superficie de pleno dominio:

• Cimentación (Cim.): cimentación do aeroxerador.

• Plataforma (Plat.): plataforma de montaxe do aeroxerador.

• Centro seccionamento (C.S): centro seccionamento.

– Servidume de paso:

• Vía: dereito de paso polas vías en que circularán os transportes para a construción, vixilancia, conservación e reparación das instalacións do parque eólico.

• Gabia: servidume de paso da liña eléctrica soterrada. Alberga a franxa onde van aloxados os condutores, incrementada a cada lado nunha distancia mínima de seguridade igual á metade da largura da canalización.

– Servidume de voo das pas do aeroxerador (Serv. voo): servidume definida pola superficie de varrido das pas do aeroxerador. Deberán restarse, no caso de que existan, as afeccións solapadas (Serv. voo aero.+vía+gabia, Serv. voo aero.+víal, Serv. voo aero.+gabia).