De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 30 de agosto de 2024 do proxecto de ampliación dunha explotación de vacún de leite en Pradedo de Arriba, parroquia de Vilameá, no concello de Guntín (Lugo) promovido por Pradedo de Arriba, S.C.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2024
Ramón Martínez Boga
Director xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
