DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 11 de setembro de 2024 Páx. 50356

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 27 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello da Arnoia (expediente IN407A 2024/082-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: Electra Alto Miño Distribuidora de Energía, S.L.

Domicilio social: polígono Chan da Ponte, parcela 19 (36450) Salvaterra de Miño, Pontevedra

Denominación: liña MT soterrada e CT caseta 100 KVA Bacelo.

Situación: lugar de Bacelo, concello da Arnoia.

Características principais recollidas no proxecto:

• LMTS, a 20 kV, de 30 m de lonxitude, en condutor RHZ1 18/30 KV 3×95 mm², con orixe no paso A/S que se realizará no apoio existente da LMTA Hidrogiesta-Tanque Sendín e final no CT proxectado Bacelo.

• CT proxectado Bacelo, prefabricado, do tipo CTC compacto de manobra exterior, de 100 kVA e r/t 20.000/400 V.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación, para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado en maio de 2024 polo enxeñeiro técnico industrial José A. Fernández González, colexiado núm. 1.968 do COITIVigo.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Os planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas, dentro do prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación poderá examinarse neste departamento territorial da Consellería de Economía e Industria en Ourense, na rúa Curros Enríquez, núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 27 de agosto de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2024/082-3.

Situación: lugar de Bacelo, concello da Arnoia.

Denominación: liña MT soterrada e CT caseta 100 kVA Bacelo.

Predio núm. en proxecto: 1.

Referencia catastral: 32004A023004850000PG.

Lugar: Palomar.

Uso principal: agrario.

Titular: María Luisa Domínguez Vázquez.

Afeccións: ocupación de 11,04 m2 para o CT e 3,97 m2 para acceso e canalización soterrada.