DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 11 de setembro de 2024 Páx. 50353

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 21 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Pedrafita do Cebreiro (expediente IN407A 2023/280-2).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométense a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: regulamentación LMTA TTL811 no tramo entre os apoios núm. 170-6 e núm. 170-17 (Pedrafita do Cebreiro).

Características técnicas principais:

– Substitución dos apoios de formigón núm. 170-7, 170-8 e 170-9 da LMTA TTL811 a 20 kV por tres apoios de celosía metálica, renovación do condutor existente LA-56 entre os novos apoios e retensado do condutor existente nos vans contiguos aos apoios proxectados núm. 170-7 e 170-9. Instalación de contrapesos de 10 kg en cada unha das cadeas de suspensión do apoio núm. 170-10 e substitución do SXS existente no apoio núm. 170-17 con matrícula 27H769 por un seccionador de tipo XS.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figura no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta dirección territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas, no prazo de trinta días hábiles contado desde o día seguinte ao da última publicación.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta dirección territorial, de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde, e na seguinte ligazón web da consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/pedrafita-do-cebreiro

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidera realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 21 de agosto de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de
regulamentación LMTA TTL811 no tramo entre os apoios núm. 170-6
e núm. 170-17 (Pedrafita do Cebreiro)

Concello: Pedrafita do Cebreiro (Lugo).

Expediente: IN407A 2023/280-2.

Nº predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Propietaria

Apoio (nº)

Apoio

(cantidade)

Sup. (m2)

2

28

690

Mazmorra

Monte baixo

Monte pro indiviso de Veiga de Forcas

170-9

1

2