DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 11 de setembro de 2024 Páx. 50350

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 21 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello do Saviñao (expediente IN407A 2023/284-2).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro) e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: substitución CT Rebordaos-27C363 (O Saviñao)

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, núm. 38, 28028 Madrid.

Características técnicas principais:

– Substitución do centro de transformación (CT) Rebordaos existente por un CT rural fin de liña, cunha potencia instalada de 100 kVA e relación de transformación 20.000/400-230 V.

– Liña de alta tensión soterrada (LMTS) a 20 kV, cunha lonxitude de 30 metros en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×150 mm2) Al, con orixe no paso aéreo subterráneo proxectado sobre o apoio núm. D110-29-17 existente da LMTA CHA811 e final no CT Rural FL proxectado. Retensado do condutor existente entre os apoios D110-29-16 e D110-29-20 da LMTA CHA811. Desmontaxe do tramo da liña de alta tensión aérea existente entre o apoio núm. D110-29-16 da LMTA CHA811 e o CT Rebordaos existente que se vai substituír.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, de 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación, figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta dirección territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, núm. 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que xulguen oportunas no prazo de trinta (30) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da última publicación.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta dirección territorial de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e na seguinte ligazón web da consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/lat-o-savinao-3

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito aos únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160 do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese efectuar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 21 de agosto de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de substitución CT Rebordaos-27C363 (O Saviñao)

Concello: O Saviñao (Lugo).

Expediente: IN407A 2023/284-2.

Nº predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Propietario

Apoio (nº)

Sup. (m²)

Afeccións sot. (ml.)

Afeccións

sot. (m²)

1

90

87

Outeiro

Prado

José Luis Varela Lois

CTC

15

12

35