DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 12 de setembro de 2024 Páx. 50480

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 3 de setembro de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 20240174TACO, por infraccións en materia sanitaria.

Tras comprobar que non se puido levar a cabo a notificación do acordo de inicio do expediente sancionador 20240174TACO, incoado á persoa con DNI 48113906E, de acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en adiante LPACAP, notifícase mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Dado que non se publica na súa integridade, de conformidade co artigo 46 da LPACAP, o texto íntegro deste acto administrativo está ao dispor das persoas interesadas, xunto co resto do expediente, nas oficinas da Dirección Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, 4º andar, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Así mesmo, de acordo co previsto no artigo 64.2 da LPACAP, ten dereito a formular alegacións ante a Dirección Territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da súa notificación. No caso de non efectualas no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución.

Advírtese que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da LPACAP.

A Coruña, 3 de setembro de 2024

Cristina Pérez Fernández
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Número de expediente: 20240174TACO.

DNI/NIF/CIF: 48113906E.

Último enderezo coñecido: travesía de Meicende, número 168, 3º D, Meicende, 15140 Arteixo.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria de medidas fronte ao tabaquismo.