DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 12 de setembro de 2024 Páx. 50478

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 3 de setembro de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se comunica o traslado aos titulares das follas de valoración formuladas pola entidade beneficiaria nun expediente de expropiación forzosa no concello de Castrelo do Val (expediente IN407A 2023/39-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administraciones públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese realizar», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CTC e RBT (Castrelo do Val), situada no concello de Castrelo do Val, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo. Así mesmo, indícase a data da acta de autorización á empresa beneficiaria para poder ocupar os predios afectados.

O texto íntegro das referidas follas de valoración está ao dispor das personas titulares na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, número 1, 4º andar, 32003 Ourense) tras pediren cita previa no teléfono 988 38 67 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As personas titulares disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión das correspondentes follas ao enderezo que sinalen. Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo fixado para comparecer.

Ourense, 3 de setembro de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado
ou non notificados

Número de expediente: IN407A 2023/39-3.

Instalación: LMT, CTC e RBT (Castrelo do Val).

Concello: Castrelo do Val.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio número

Lugar

Referencia catastral

Titulares

Incidencia

Data da acta
de ocupación

1

Pombal

32022A501003710000AJ

Herdeiros de Pilar Rivera Rodríguez

Enderezo descoñecido

8 de xullo de 2024