Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administraciones públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica de reforma da LMT CAS805-CAS806 entre os apoios número D29 e número D34, situada no concello de Castrelo de Miño, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo. Así mesmo, indícase a data da acta de autorización á empresa beneficiaria para poder ocupar os predios afectados.
O texto íntegro das referidas follas de valoración encóntrase ao dispor das personas titulares na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, número 1, 4º andar, 32003 Ourense) tras pediren cita previa no teléfono 988 38 67 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As personas titulares disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión das correspondentes follas ao enderezo que sinalen. Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo fixado para comparecer.
Ourense, 29 de agosto de 2024
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de persoas afectadas descoñecidas, con enderezo ignorado
ou non notificadas
Nº de expediente: IN407A 2023/021-3.
Instalación: reforma da LMT CAS805-CAS806 entre os apoios número D29 e número D34.
Concello: Castrelo de Miño.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Data da acta de autorización de ocupación: 6 de novembro de 2023.
|
Predio número |
Lugar |
Referencia catastral |
Persoa titular |
Incidencia |
|
1 |
Fonteiriña |
32023A068001500000HA |
Descoñecida |
Enderezo descoñecido |
|
2 |
Fonteiriña |
32023A068001510000HB |
María Carmen Villanueva Cobelas |
Enderezo descoñecido |
