Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administraciones públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efecutar», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación de reconectador TC na LMTA VLL813 no apoio 118-41-1, situada no concello do Pereiro de Aguiar, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo. Así mesmo, indícaselle a data da acta de autorización á empresa beneficiaria para poder ocupar os predios afectados.
O texto íntegro das referidas follas de valoración está ao dispor das personas titulares na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, número 1, 4º andar, 32003 Ourense) tras pediren cita previa no teléfono 988 38 67 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As personas titulares disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión das correspondentes follas de valoración ao enderezo que sinalen. Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo fixado para comparecer.
Ourense, 29 de agosto de 2024
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado
ou non notificados
Nº de expediente: IN407A 2023/59-3.
Denominación: Instalación de reconectador TC na LMTA VLL813 no apoio 118-41-1.
Concello: O Pereiro de Aguiar.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
|
Predio número |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
Incidencia |
Data da acta |
|
1 |
Covas |
32059A067000040000OS |
Herdeiros de Pura Álvarez Álvarez |
Enderezo descoñecido |
6.11.2023 |
