Orde de execución de limpeza de predios, ditada ao abeiro do artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia.
En aplicación do disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007 de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (última redacción pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), procedemos á publicación da referencia do expediente e das referencias catastrais de dúas parcelas en situación de risco de incendio, das que o titular resulta descoñecido, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados, fronte a incendios forestais, e advertimos expresamente de execución subsidiaria por parte do concello, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.
O texto íntegro da orde de execución atópase á disposición dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.
|
Polígono |
Parcela |
Referencia catastral |
Titular catastral |
|
37 |
366 |
36036A037003660000QD |
En investigación |
|
609 |
36036A037006090000QL |
En investigación |
En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Oia, 19 de agosto de 2024
Cristina Correa Pombal
Alcaldesa
