Iniciado o correspondente expediente de execución subsidiaria de xestión da biomasa e/ou de retirada de especies árboreas na parcela 118, do polígono 55, segundo consta no Catastro deste municipio, por incumprimento das obrigas establecidas na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais.
Considerando que, con data do 15 de xullo de 2024, se notificou aos titulares catastrais da dita parcela a obriga de realizar os traballos de limpeza e roza, todo iso de conformidade co disposto no artigo 22.4 da dita Lei 3/2007, do 9 de abril.
Considerando que, pese ao prazo transcorrido, no día de hoxe seguen a incumprirse esas obrigas legais de xestión da biomasa e/ou de retirada de especies arbóreas.
Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita a este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión da biomasa e que os seus custos se repercutirán ás persoas responsables.
Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ninguna autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.
Por este edicto, de conformidade co establecido no artigo 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora de bases de réxime local, e o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais, en uso das facultades conferidas pola normativa vixente,
RESOLVO:
Primero. Aprobar a execución subsidiaria por parte deste concello de Begonte da xestión da biomasa e/ou retirada de especies arbóreas da parcela 118, do polígono 55, segundo consta no Catastro deste municipio, cuxo titular catastral é Pedro Pardo García, por incumprimento das obrigas previstas na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais.
Segundo. Encomendar os traballos de execución subsidiaria, dada a carencia de medios municipais propios, á empresa Servicios Forestales Begal, con CIF B56694342; deberanse facilitar os accesos necesarios por parte das persoas responsables e sen que se requira ninguna autorización ao respecto.
Terceiro. As especies arbóreas retiradas serán obxecto do seu comiso e o seu destino será o seu alleamento nos termos previsto na dita Lei 3/2007, e os importes obtidos pola venda destinaranse a sufragar os gastos derivados desta execución subsidiaria.
Cuarto. Practicar a oportuna liquidación dos custos dos traballos de execución subsidiaria e do valor das especies arbóreas retiradas.
Quinto. Notificar esta resolución aos interesados, coa indicación dos recursos que legalmente procedan.
Recursos: contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse alternativamente o recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes contado desde o seguinte ao da recepción desta notificación, ante o mesmo órgano que adoptou o acordo, ou directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao da recepción desta notificación, sen que se poida simultanear ambos os dous.
Se se interpuxo o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata a resolución expresa deste ou ata a súa desestimación por silencio; de conformidade co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Begonte, 22 de agosto de 2024
José Ulla Rocha
Alcalde
