DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 12 de setembro de 2024 Páx. 50404

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2024 pola que se nomea persoal funcionario de carreira na escala técnica administrativa, subgrupo C1.

Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso na escala técnica administrativa da Universidade de Vigo, subgrupo C1, pola quenda de promoción interna, convocado pola Resolución do 15 de febreiro de 2024 (DOG do 26 de febreiro), verificado o cumprimento dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria e de conformidade co disposto na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, esta reitoría

RESOLVE:

Primeiro. Nomear a Germán Pérez Juste, con DNI ***1096**, persoal funcionario de carreira da escala técnica administrativa da Universidade de Vigo, subgrupo C1. Consonte o previsto nas bases da convocatoria, o destino adxudicado será o mesmo que posúe no data da toma de posesión.

Segundo. Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira deberá cumprir o requisito establecido na letra d) do artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do seu destino no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 5 de setembro de 2024

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo