Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase aos titulares que figuran no anexo da data do depósito previo á ocupación que realiza a empresa beneficiaria en relación coa expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforma da LAAT a 20 kV 01-Pumares da ST CH Sobradelo (3182), situada nos concellos de Carballeda de Valdeorras e O Barco de Valdeorras.
Así mesmo, e de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, requíreselles para que presenten ante o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, no prazo de vinte días (20) hábiles, contados a partir do seguinte ao desta publicación no BOE, a súa folla de valoración, en que concretarán de xeito motivado o valor en que estiman a servidume imposta e alegar o que coiden conveniente ao seu dereito. A dita valoración poderá estar avalada pola sinatura dun perito.
Ourense, 5 de setembro de 2024
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos,
con enderezo ignorado ou non notificados
Nº de expediente: IN407A 2022/144-3.
Instalación: reforma da LAAT a 20 kV 01-Pumares da ST CH Sobradelo (3182).
Concellos: Carballeda de Valdeorras e O Barco de Valdeorras.
Empresa beneficiaria: I-de Redes Eléctricas Inteligentes, S.A.U.
|
Predio núm. |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
Incidencia |
Data do depósito previo |
|
3 |
Monte Ladeiras |
32018A013011090000IP |
Veciños de Sobradelo |
Enderezo descoñecido |
27.8.2024 |
|
4 |
Agra do Vale |
32018A012000220000IE |
Felipe López Ozcaberón |
Enderezo descoñecido |
27.8.2024 |
