DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 13 de setembro de 2024 Páx. 50732

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ANUNCIO do 4 de setembro de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se notifican diversos expedientes sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e logo de intentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícaselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo, as comunicacións de inicio ou resolucións do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir, publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Para o caso de comunicacións de inicio do procedemento sancionador outórgaselles un prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando a documentación que xulguen oportuna.

Para o caso de resolucións do procedemento sancionador, a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderá interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles, desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE reclamación administrativa previa, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra as resolucións das reclamacións administrativas previas en materia de prestacións da Seguridade Social que esgotan a vía administrativa cabe formular demanda perante o xulgado do social competente, no prazo de dous (2) meses, seguintes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e constancia deste coñecemento, a persoa interesada poderá comparecer debidamente acreditado na oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no citado artigo 44, parágrafo segundo da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 4 de setembro de 2024

Carmen José López Rodríguez
Directora territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a (DNI/NIE)

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

03140178B

03140178B/10-11-2023/2.1.D

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Rábade

32698239J

32698239J/05-03-2024/2.1.D

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

33541370X

33541370X/15-03-2024/2.1.D

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

33556321B

33556321B/11-03-2024/2.1.D

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

34309123T

34309123T/08-01-2024/2.1.D

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

34324708Z

34324708Z/02-01-2024/2.1.D

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

X1573417X

X1573417X/04-01-2024/2.1.D

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

X6561858G

X6561858G/29-09-2023/2.2.B

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

X7868187W

X7868187W/09-04-2024/2.2.B

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

X7868187W

X7868187W/18-03-2024/2.1.D

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo

X9913324W

X9913324W/10-11-2023/2.1.A

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Lugo