DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 13 de setembro de 2024 Páx. 50726

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 3 de setembro de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se comunica o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de modificación do tramo final da LAT 132 kV O Irixo, Lalín.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante este anuncio notifícase o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada modificación do tramo final LAT 132 kV O Irixo, Lalín, dos predios que se detallan no cadro anexo, de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

As persoas interesadas poderán presentar, no prazo de vinte (20) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, a folla de valoración na que concrete o valor da indemnización que xulgue que lle corresponde pola imposición das servidumes de paso dos predios que figuran na relación.

Vigo, 3 de setembro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 2007/169-3-AT.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: modificación do tramo final LAT 132 kV O Irixo Lalín.

Concello: Lalín.

Predio

Referencia catastral

Titular

945

36024A09500146

Hros. María Olga Baldonedo Iglesias

953

36024A09500531

José Iglesias Fernández

953

36024A09500531

Manuel Andrés Iglesias Fernández

953

36024A09500531

Carmen Iglesias Fernández

953

36024A09500531

Pilar Iglesias Fernández

953

36024A09500531

José Iglesias Fernández

955

36024A09500142

Manuel Andrés Iglesias Fernández

955

36024A09500142

Carmen Iglesias Fernández

955

36024A09500142

Pilar Iglesias Fernández

955

36024A09500142

José Iglesias Fernández

955

36024A09500142

José Iglesias Fernández