Visto o expediente de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
– Peticionario: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.
– Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.
– Denominación: LMT Meira: aumento de potencia trafos CTI.
– Situación: concello de Vilalba.
– Características técnicas principais:
• Aumento de potencia do centro de transformación intemperie 3978 Riazo, consistente na substitución do transformador existente de 25 kVA por un de 50 kVA, substitución de pararraios e fusible XS, substitución do cadro de baixa tensión, das pontes de baixa tensión, adaptación do circuito de terras e substitución do dispositivo antiescalada, relación de transformación de 20.000/400-230 V.
• Aumento de potencia do centro de transformación intemperie 5862 Gasolineira, consistente na substitución do transformador existente de 25 kVA por un de 50 kVA, substitución de pararraios e fusible XS, substitución do cadro de baixa tensión, das pontes de baixa tensión, adaptación do circuito de terras e substitución do dispositivo antiescalada, relación de transformación de 20.000/400-230 V.
– Finalidade da instalación: mellora das instalacións.
– Orzamento: 22.940,95 euros.
– Documentación que se xunta:
• Copia do proxecto.
Esta dirección territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
RESOLVE:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción das ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.
Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que se manterán sempre as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. Deberán cumprirse en todo momento as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 5 de setembro de 2024
O director territorial de Lugo
P.A. (artigo 40.3 do Decreto 140/2024, do 20 de maio)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria
