Ao non ser posible a práctica de comunicación á titular da parcela catastral que se relaciona a continuación, por causas non imputables a esta Administración, e de conformidade co disposto no artigo 44, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión de biomasa, co fin de que, no prazo de 15 días naturais, que comezarán a contar ao día seguinte de publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), os interesados no procedemento deberán xestionar a biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no taboleiro de edictos único (TEU), do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como a totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de Boqueixón (departamento de Urbanismo), situadas no lugar do Forte, s/n, Boqueixón, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.
|
Nº expediente |
Referencias catastrais |
Situación |
Titular catastral |
|
2024/X999/000054 |
15012B508000030000LO 7620104NH4472S0001HG |
O Forte, 7 (Boqueixón) |
Gloria Lourdes Castro Casal |
Boqueixón, 26 de agosto de 2024
Ovidio Rodeiro Tato
Alcalde
