De conformidade co artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e ante a imposibilidade de efectuar a notificación aos titulares dos bens que se relacionan a continuación, comunícase ás persoas responsables a súa obrigación legal de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas nas parcelas sinaladas seguidamente, imposta polo artigo 22.1 da citada Lei 3/2007, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
|
Número expediente |
Referencia catastral |
Parroquia |
Titulares catastrales |
|
2024/V001/000046 |
3377606NH4937N |
Pastoriza |
J.M.S. y otros |
En virtude do anterior, as persoas responsables dispoñen dun prazo máximo de quince (15) días naturais, a contar desde o día seguinte ao da publicación no BOE (Boletín Oficial do Estado) para o cumprimento voluntario da obrigación de xestión da biomasa nas parcelas citadas.
Transcorrido o dito prazo, e en caso de persistencia no incumprimento, o Concello procederá á execución subsidiaria con repercusión á propiedade dos custos de xestión da biomasa e, no seu caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da Lei 3/2007, anteriormente citada, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.
Así mesmo, comunícase ás persoas responsables que o contido íntegro das notificacións, así como a totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición no Departamento de Medio Ambiente do Concello de Arteixo.
Arteixo, 29 de xullo de 2024
O alcalde
P.D. (Decreto 2027/2023, do 21 de xuño)
Víctor Merelas García
Concelleiro especial de Medio Ambiente
