De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0386/2024-PPM e tres máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.
A Coruña, 4 de setembro de 2024
María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Número de expediente |
DNI/NIF/NIE |
Acto que se notifica |
Enderezo |
|
PSC-CO-0386/2024-PPM |
33258721P |
Inicio |
O Muíño do Vento, 14, 15250 Muros (A Coruña) |
|
PSC-CO-0585/2024-PRE |
76966635X |
Inicio |
A Virxe do Monte, 3, Lesón, Santa Cruz, 15948 A Pobra do Caramiñal (A Coruña) |
|
PSC-CO-0592/2024-PRE |
33239765G |
Inicio |
Rúa San Lázaro, 9, 2º esq., Lesón, 15948 A Pobra do Caramiñal (A Coruña) |
|
PSC-CO-0640/2024-PPM |
53482191S |
Inicio |
Francisco del Río Romero, 13, 2º D, 15930 Boiro (A Coruña) |
